El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

As eleccións a reitor da USC, o 23 de abril

27-02-2018 20:26:11
O 23 de abril, eleccións a reitor da USC.

Santiago.-publicación do censo provisional abriu o proceso para a elección de reitor reitora da USC, a quen a comunidade universitaria deberá elixir nas urnas o próximo 23 de abril, data da xornada de votación. Nesa mesma data elixiranse igualmente os representantes no Claustro Universitario da Universidade compostelá. 

A publicación do censo definitivo producirase o vindeiro 14 de marzo, mentres que o período para a presentación de candidaturas en ambos procesos electorais estenderase entre o 15 de marzo e o 2 de abril. Xa o 10 de abril está prevista a proclamación definitiva de candidaturas que dará paso ao desenvolvemento da campaña electoral, entre os días 11 e 19 de abril. Entre o 16 e 20 abril será posible exercer o voto anticipado. 

Logo da xornada de reflexión do 20 de abril, a votación para a elección de reitor ou reitora e de representantes a Claustro Universitario celebrarase o luns 23 de abril entre as 10.00 e as 18.00 horas sen prexuízo do disposto para o voto anticipado. A Comisión Electoral determinará os locais de votación unha vez publicado o censo electoral definitivo. 


Segunda volta 

No caso das eleccións de reitor ou reitora da USC, o calendario electoral contempla, se fose necesario, a celebración dunha segunda volta, cuxa votación se produciría o día 14 de maio. O proceso concluiría, neste último suposto, o 24 de maio coa proclamación definitiva do reitor ou reitora electos. De non celebrarse segunda volta, a proclamación definitiva producirase o día 7 de maio. USC





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias