A Secretaria de Igualdade, Cintia Iglesias presentou a campaña moza: “loitando por todas esas que permanecen nos seus fogares atemorizadas porque cren que ninguén as apoia, que ninguén as comprende. Loitando por aquelas que xa non poden berrar, porque están asasinadas que non mortas, por ser mulleres”. Iglesias sinalou que “as mulleres cobran un 22% menos que os homes, é dicir 4.300€ menos ao ano mentres o Partido Popular segue a mirar para outro lado”. Afirmou que “a Xunta de Galicia destina menos do 1% dos orzamentos en materia de igualdade e que non se executan na súa totalidade”. “Non podemos deixar que nos sigan arrebatando pouco a pouco todos os dereitos que temos”, “lograremos que a loita feminista se impoña as políticas machistas e repugnantes do PP” selou a moza socialista. Por outra banda, o Secretario Xeral das XSG, Nabor González, afirmou que “só existen dous bandos nesta loita: O da igualdade, feminismo, dereitos e liberdades e o da desigualdade, discriminación e machismo. O Partido Popular atópase neste último”. González afirmou que “as Novas Xeracións volven a mostrar estar, se cabe, máis a dereita que o PP, pasando a ser cómplices do machismo”, “estas reivindicacións son cuestión de dereitos, dignidade e decencia, principios que o Partido Popular demostra non ter”. González rematou a súa intervención invitando ás Novas Xeracións a sumarse á loita feminista: “é por iso é que invitamos ás Novas Xeracións, con moi poucas esperanzas, a que se sumen ao feminismo e que deixen de secundar o machismo e o patriarcado que está presente na nosa sociedade”. Departamento de comunicación