Bruxelas.- A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, tomou hoxe
posesión do seu escano no Parlamento Europeo, nun pleno celebrado en Beuxelas,
que permitirá ao Bloque continuar o traballo en defensa do país pero pisando o
acelerador con máis intensidade e con máis potencia, “sabendo que vai ser o
útil o noso traballo”. E neste sentido Ana Miranda afirmou que o escano do BNG
no Parlamento europeo “é o escano de Galiza en Europa”.
“É un día moi
especial para agradecer a todas as votantes que no 2014 nos apoiaron, quero que
saiban que non van quedar defraudados. Quero que sintan que este escano será a
representación do seu país na Eurocámara”, subliñou Ana Mirandatras a sesión
plenaria, quen asegurou que se deixará “a pel e o cerebro” traballando por
Galiza, “con moita ilusión e sobre todo en beneficio das galegas e os galegos”.
Fixo fincapé en que
desde o seu escano traballará “para evitar que Galiza quede discriminada nas
negociacións dos fondos estruturais”.Ao respecto, explicou que unha das
prioridades do Bloque radica en traballar para que Galiza non saia perdendo no
reparto futuro dos fondos de cohesión, dos que mesmo podería quedar excluía cos
criterios que baralla a Comisión Europea para o período orzamentario 2020-2027.
“Asumo este
escano co firme obxectivo de defender os intereses de Galiza e evitar que sexa
moeda de cambio”, avanzou a eurodeputada nacionalista, quen asemade sinalou que
o escano do Bloqueterá un“marcado
carácter social” desde o que denunciaráa precariedade laboral, o recorte de
servizos públicos, da sanidade, ou a reforma das pensións, que en Galiza son as
segundas máis baixas do Estado.
No Estado Español
o gasto en pensións con respecto ao PIB é do 10,7%, mentres que a media da UE ascende
aos 12,2%, case dous puntos máis que a do Estado. Isto indicaque o esforzo
medio na Unión Europea para manter o sistema de pensións é maior que o do
Estado Español, polo que o Estado ten marxe para incrementar o seu esforzo no
mantemento do sistema.
Defensa dos servizos públicos e as liberdades
Así mesmo, para a
eurodeputada do Bloque cómpre presentar iniciativas centradas na defensa dos
servizos públicos e do emprego, posto que “arecuperación económica da que fala
o Partido Popular é unha mentira, xa que non trae aparellada a recuperación
social senón a pobreza nas traballadoras e traballadores”, criticou.
Outro dos
aspectos fundamentais aos que fixo referencia Miranda foi a defensa dos
dereitos e a denuncia do recorte das liberdades no Estado español. O BNG xa presentouno Parlamento Europeono pasado
mes de novembro a petición para ilegalizar a Fundación Francisco Franco por
apoloxía del fascismo e retirarlle a xestión do pazo de Meirás.
Ademais das
cuestións relacionadas coa memoria histórica, ao longo desta lexislatura, Ana
Miranda desenvolveu un intenso traballo político en Bruxelas en defensa dos
intereses do país, coa presentación
constante de iniciativas a través da representación da coalición, que se verá
agora reforzado coa posibilidade de participación directa nos plenarios e nas
comisións. Por exemplo, o Bloque xogou un importante papel na batalla ganada
para que o sector do xeito non fose incluído na prohibición de redes de
arrastre, -dada a súa condición de pesca artesanal-.
Por outro lado, o
informe emitido pola Comisión Europea en relación ao accidente do Alvia
reclamando do Estado español unha investigación independente da traxedia, foi
froito das xestións do BNG quen, acompañando as vítimas, non cesou no empeño de
que Bruxelas tomase cartas no asunto para esclarecer a verdade, esixir
responsabilidades políticas e resarcir ás vítimas.
A portavoz
nacional do BNG, Ana Pontón, non puido asistir en Bruxelas a toma de posesión
por parte de Ana Miranda, como estaba inicialmente previsto, debido aos
retrasos nos voos que debía tomar desde Galiza. Departamento de comunicación