O
secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que os sindicatos veñen de confirmar que prefiren bloquear a Xustiza que sentarse
a negociar. Así, logo da súa negativa a entrevistarse co conselleiro Alfonso
Rueda, o que amosan é que “prefiren seguir
secuestrando a sociedade galega cun bloqueo da Administración de Xustiza, que
penaliza a todos aqueles que precisen os servizos da mesma”, insistiu.
“Non se pode sustentar un acordo na
reivindicación coa condición dunha suba salarial como a que plantexan os
sindicatos”, apuntou Tellado ao tempo que engadía que “parten de posicionamentos
que son inasumibles porque non teñen ganas de pactar senón intención de
persistir na súa vontade de converter aos galegos en reféns das súas demandas”.
Deste xeito, os representantes
sindicais están condenando a miles de cidadáns a uns retrasos inxustificados nos
seus trámites e causas pendentes e, tal e como sinalou o número dous do PPdeG, “querer
gañar máis non xustifica en ningún caso o bloqueo ao que se está sometendo á
Administración de Xustiza sen respectar aos que non secundan as súas
mobilizacións e os seus paros”.
Ademais, Tellado tamén
evidenciou que “tense demostrado que buscan escusa tras escusa para non estar
na mesa de negociación, da que se levantaron tres veces”. “Querer gañar 3.000
euros máis non é unha escusa razoable e defendible ante o pobo de Galicia para
paralizar os xulgados de toda a Comunidade Autónoma”, sentenciou. Departamento de comunicación