A eurodeputada do BNG no Parlamento Europeo, Ana
Miranda,reuniuse hoxe coa directora xeral de Mobilidade e Transporte da Comisión Europea, ElisabethWerner,
a quen lles trasladou nova documentación que proba que ADIF non realizou a
análise e avaliación de riscos(informe ISA) no quilómetro84.400 da liña, no que
se produciu o accidente do Alvia no ano 2013, tal e como esixe a normativa 352
da Comisión Europea.
Para poñer en marcha unha liña de tren precisase un dossier de seguridade e un informe
ISA, é decir, un estudio que debía realizar o control de riscosxerais e de subsistemas -que se refiren
ao control, o mando e a sinalización-, e para o cal neste caso ADIF contratou ao INECO. “A Comisión Europea recibiu por
parte de ADIF información de que o informe de control de riscos xeral e dos
tres subsistemas estaba feito, pero no xuízo o subdirector de ADIF conformou
que non estaba feito, polo que o Ministerio de Fomento mentiulle á Comisión
Europea”, explicou Ana Miranda tras a xuntanza.
“Como é posible que o Ministerio de Fomento do Goberno español autorizase
a posta en marcha dunha liña sen facer o control de riscos, nin o xeral nin o
específico de subsistemas, non homologado?”, preguntouse a eurodeputada do
Bloque, tendo en conta que o goberno español, segundo a directiva de seguridade
ferroviaria europea de 2004, debia velar pola responsabilidade da explotación
segura do sistema ferroviario e polo
control de riscos.
Ana Miranda destacou que a xuntanza celebrada hoxe foi
“moi positiva”, ao poder trasladarlle toda esta nova información sobre o
accidente de Angroisádirectora xeral de Mobilidade e Transporte
da Comisión Europea. “Nós agardamos moito dunha segunda reunión con
ElisabethWerner porque se mostrou completamente aberta a continuar o diálogo”,
afirmou, ao tempo que asegurou que como eurodeputada no Parlamento Europeo seguirá
presionando na Comisión de Peticións da que vai formar parte.
Denuncia do Bloque
Esta reunión da continuidade
á denuncia presentada polo BNG contra o Estado español no mes de xullo de 2017por
infracción do Dereito Comunitario e incumprimento das obrigas aplicables á
avaliación do control de riscos da liña 082 do tren Alvia. A denuncia atinxe ao
Goberno, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Ferrocarriles, ADIF e Renfe
Operadora, e coincidiu coa data na que a Axencia Ferroviaria Europea (ERA)
entregara á Asociación de Víctimas do Alvia 04155 e ao BNG o informe que
cuestiona a independencia da investigación realizada pola CIAF.
A denuncia
por procedemento de infracción é un exhaustivo documento no que se solicita á
Comisión Europea que abra un expediente contra o Estado español por vulneración
da normativa comunitaria aplicable no momento do accidente do tren Alvia sobre
seguridade e interoperabilidade ferroviarias. En relación ao aspecto do control
integral dos riscos e en relación cos cambios na seguridade ferroviaria que se
fixeron no proxecto da Liña Ourense-Santiago, tren Alvia de Viaxeiros de Longa
Distancia 150/151 de Renfe Operadora, composto de 13 vehículos, así como nas
condicións de seguridade do proxecto na Bifurcación A Grandeira onde tivo lugar
o dramático accidente o 24 de xullo de 2013.
O BNG
argumenta na denuncia que, segundo a normativa comunitaria, o Estado español
debía ter velado porque RENFE e ADIF aplicaran obrigatoriamente as medidas
necesarias de control de riscos coa responsabilidade de que houbera unha
explotación segura do sistema ferroviario e do seu control de riscos, tal como
esixe a Directiva marco de Seguridade Ferroviaria de 2004 e o Regulamento do
Método Común de Seguridade de 2012.
En
concreto, esta normativa base esixe realizar unha avaliación de riscos integral
nos sistemas estruturais. -infraestrutura, enerxía, control de mando e
sinalización, sistemas de xestión do tráfico ferroviario-. Tanto RENFE como
ADIF eran responsables da súa parte do sistema e da explotación segura. Estas
normativas foron vulneradas, porque o Ministerio de Fomento non realizou este
control obrigatorio.
Igualmente,
o Bloque entende que o Estado tamén vulnerou a Directiva de Interoperabilidade
do sistema ferroviario de 2008, aplicable no momento do accidente, que no
artigo 15 sinala que, en caso de autorizarse subsistemas, deben facerse de
xeito seguro, sendo o Estado o que está obrigado a comprobar, antes da entrada
de servizo dos mesmos, que cumpren a disposición sobre explotación e mantemento.
Así mesmo,
tampouco se cumpriu o regulamento relativo á adopción dun método común de
seguridade para a avaliación e valoración do risco de 2008, que era obrigatorio
para todos os cambios significativos que afecten aos vehículos que foron
modificados no sistema híbrido, e tamén a todos os cambios significativos
relativos aos sistemas estruturais.
O BNG
denuncia que Fomento non garantiu o control de riscos, a efectividade do
sistema de xestión de seguridade (SGS), que debían ser feitas antes de que a
liña entrara en servizo, sobre o deseño dos condutores do tren e do deseño do
material rodante do tren Alvia e súas posteriores modificacións. Departamento de comunicación