El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Fundación Granell albergará a maior biblioteca de pintura surrealista de Galicia

30-03-2007

A Fundación Granell albergará tralo verán a maior biblioteca de pintura surrealista de Galicia. Os máis de 8.000 volumes do autor foron cedidos pola súa viúva, Amparo Segarra, á Fundación compostelá, onde estarán á disposición do público. Nunha conversa telefónica con AGN, Amparo Segarra salientou a inclusión de fotografías, documentos e correspondencia de artistas surrealistas como André Bretón e Marcel Duchamp, ou co escritor Juan Ramón Jiménez pertencentes ao pintor galego. Os documentos, conservados ata agora na residencia da viúva en Madrid, trasladaranse á Fundación Granell. O mesmo acontecerá cunha colección de máis de 2.400 cadros, que inclúen a obra completa de Granell e doutros artistas como Picasso, Miró ou Maruja Mallo, segundo indicou Amparo Segarra. O Concello de Santiago prestou conformidade hoxe no pleno á cesión. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, agradeceu a "xenerosidade" coa capital galega ao poñer a disposición da sociedade a obra do artista galego "dun xeito desinteresado". O Concello comprometeuse a manter a cesión do espazo na sé actual, a facilitar o traslado da doazón e a manter o financiamento da Fundación, incluídas as novas necesidades derivadas da almacenaxe das obras cedidas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias