El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

Universidade de Vigo colabora para poñer en marcha o Portal de Transparencia dos concellos galegos

05-03-2018 18:26:14
Presentación do Portal e da Guía de Transparencia.

Vigo.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou que coa posta en marcha hoxe do Portal de Transparencia dos concellos galegos dase continuación ao impulso e mellora da Transparencia nos concellos galegos, en aras de seguir avanzando para acadar unha maior transparencia nas Administración locais galegas.

Alfonso Rueda, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, participaron esta mañá na presentación do Portal de Transparencia dos concellos galegos, que ten como finalidade principal ofrecer máis información aos cidadáns e seguir a construír unhas institucións máis eficientes, abertas e transparentes.

Presentouse tamén a Guía de transparencia local, unha ferramenta útil para facilitarlles aos concellos cumprir coas súas obrigas en transparencia e ofrecer aos seus veciños toda a información que precisan, saber qué información debe ser publicada, como debe ser publicada e a periodicidade con que deber ser publicada e, aos cidadáns, a coñecer as obrigas legais dos Concellos e os seus dereitos para estar axeitadamente informados en todo momento.

A Xunta ten entre as súas finalidades, servir de apoio e axuda aos concellos galegos para acadar o grao de transparencia establecido pola actual normativa, xa que a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, incluíu dentro do seu ámbito de aplicación aos concellos, establecendo como piares fundamentais, a transparencia da actividade pública e o dereito de acceso á información.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias