El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación súmase cunha campaña propia á conmemoración do 8 de marzo

05-03-2018 19:40:36
Presentación da campaña do 8 de marzo.

A Coruña.-  “O noso camiño decidímolo nós!” é o lema da campaña que a Deputación da Coruña lanza con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. A responsábel da área de Igualdade, Ánxela Franco sinalou que a institución se suma as reivindicacións da data e destacou o traballo pioneiro que están a facer desde a área para unha sociedade máis igualitaria. Ademais da campaña, na rolda de prensa presentouse a gala 16Mx8M que terá lugar o vindeiro sábado día 10 no Teatro Colón da Coruña.

“A Deputación da Coruña súmase ás mobilizacións e ás reivindicacións do 8 de marzo”, destacou Ánxela Franco que fixo referencia á moción aprobada no pasado pleno que mostraba o compromiso da institución coa igualdade e o apoio ás mobilizacións e paros laborais que se producirán arredor da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.A deputada Ánxela Franco destacou que “é fundamental visibilizar a loita das mulleres e a nosa obriga é sumarnos as mobilizacións tamén por todas aquelas mulleres que, pola desigualdade e as condicións que viven, non poderán saír ás rúas e participar con contundencia nas actuacións”.

Defendeu Ánxela Franco que desde a Deputación da Coruña levan “tres anos traballando pola igualade, como unha institución pioneira, con accións en todos os ámbitos e unha actuación transversal”, dixo, destacando programas como os desenvolvidos coa área de cultura como son os Premios Luísa Villalta ou o Begoña Caamaño, o programa en Deportes “Contra os elementos” ou as distintas iniciativas para loitar contra a violencia de xénero, encamiñadas de maneira especial cara o ensino ademáis da elaboración da diagnose de Igualdade que está en curso.

Na presentación da campaña estivo tamén presente a deseñadora da imaxe Patricia Portela de The Office que explicou o seu traballo –que resultou gañador do concurso- apelando ao colectivo xa que, segundo dixo, “o camiño decidímolo nós pero necesitamos que todo o mundo empurre para que o camiño se abra. A campaña quere visibilizar o empoderamento das mulleres como peza fundamental para a igualdade”.

“As mulleres somos as que máis sufrimos cando se recortan as pensións, cando os nosos fillos non teñen emprego… somos a parte máis sensible da sociedade, sufrimos a brecha salarial, a discriminación e os teitos de cristal e é hora de nos erguer e reclamar os nosos dereitos”, sinalou Ánxela Franco da campaña que se fixo hoxe pública.


Sábado, festa 16Mx8M

Na roda de prensa presentouse tamén a gala 16Mx8M que terá lugar o vindeiro sábado día 10 ás 20:30 horas que convocará no Teatro Colón dezaseis mulleres da música como son MJPérez, A Banda da Loba ademais de Mounqup, gañadora do Premio Narf da Deputación da Coruña e “Máis boas cás patacas”, a banda que gañou a categoría xuvenil do premio Quero Cantar coa súa canción “Son muller”. A compañía trasPediante conducirá a gala que é de asistencia gratuíta previa retirada da entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro.

No acto a técnica de Igualdade Eva Ovenza presentou unha nova convocatoria do IX Concurso de Viñetas pola igualdade, Donas.Mulleres na historia de Galicia ao que se poden presentar persoas de entre 12 a 18 anos cunha obra orixinal e inédita en galego sobre a historia das mulleres, biografías femininas galegas, empoderamento feminino, o papel das mulleres na sociedade galega cun máximo de seis viñetas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias