El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | DÍA DA MULLER

Esquerda Unida apoia a Folga Feminista do 8 de marzo

06-03-2018 15:43:10
Cartel da Folga Feminista.

O gabinete de comunicación de Esquerda Unida, formado por mulleres, estará de folga este vindeiro 8M e, polo tanto, Esquerda Unida nacional non fará ningunha comunicación orgánica. Esta é unha folga que está no ADN da historia da nosa organización e que pon de manifesto que a participación das mulleres é imprescindible en todas as esferas da vida. 

Esquerda Unida apoia a Folga Feminista do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, e as mobilizacións convocadas coa fin de mostrar que “Se nós paramos, o mundo para”, facendo ver que o traballo das mulleres, en todos os eidos, é constantemente invisibilizado e minusvalorado, pero esencial para que todo funcione. 

É por iso, que dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación activa nas diferentes mobilizacións dende o convencemento de que só cunha transformación feminista da nosa sociedade podemos lograr unha igualdade real. Dende esta perspectiva, apoiamos unha folga laboral, de coidados, de consumo e tamén estudantil, porque queremos paralo todo e demostrar que nada pode funcionar sen nós. 

Dende Esquerda Unida consideramos que a presión exercida dende a rúa, a mobilización e a sensibilización da sociedade co feminismo son factores imprescindibles para conseguir avances claros na loita feminista. Nós, as mulleres, paramos! Departamento de comunicación 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias