Dende as organizacións sindicais que
representan aos funcionarios Axentes Forestais e Medioambientais queremos
pór de manifesto que mentres na Xunta de Galicia hai cartos para pagar anuncios
propagandísticos, como quedou patente recentemente nunha entrevista
televisiva na Sexta co Presidente da Xunta, e para pagar empresas externas
para que fagan o traballo que nos corresponde ao persoal funcionario, os profesionais
que na vaga de lumes que sufriu Galicia no mes de outubro do 2017 estiveron ao
fronte do operativo no terreo, exercendo de directores de extinción, tal e como
é a nosa función, a día de hoxe seguen sen percibir nin un céntimo de
euro polo seu traballo case 5 meses despois.
Denunciamos que a Xunta de Galicia fixo
oídos xordos, pese a que advertiramos en varias ocasións que ía ser unha
campaña de incendios complicada, e solicitamos en varios escritos a renovación
dunha orde de horarios que reducira o exceso horario que estes traballadores/as
están sendo obrigados a sufrir.
Esixímoslle á Xunta, que retome as
negociacións, iniciadas no 2017, coas organizacións sindicais sobre as
condicións de traballo destesfuncionarios/as e que levan paralizadas dende o
mes de decembro, por decisión da Dirección Xeral de Función Públicapese que se
comprometera a tela rematada o 1 de decembro de dito ano.
Cremos que despois de levar máis
de dez anos cun acordo de condicións de traballo caducado e totalmente obsoleto (dado
que o efecto do cambio climático está a producir unha desestacionalización dos
lumes, producíndose en calquera época do ano e sendo moito máis virulentos e
perigosos, tal e como se puido comprobar o ano pasado no mes de outubro,
cando tras ter rematado o período extraordinario tiveron que activar unha época
de alto risco de xeito improvisado, mentres este colectivo actuando
de xeito profesional, como xa o ten demostrado en numerosas ocasións, e
arriscando a súa integridade para salvar o patrimonio natural galego así como
os bens e as vidas da poboación galega respondeu interrompendo vacacións e
libranzas e acudindo de xeito voluntario) é hora de que a Xunta PAGUE
O QUE DEBE e se sente a negociar cara o futuro.
Solidarizámonos cos nosos compañeiros/as de
Xustiza que vemos como día tras día teñen que sufrir os desprezos da Xunta, e
que incluso teñen que oír como os invitan a marchar de Galicia se non están
contentos; apoiámolos na folga que están secundando, obrigándoos a acudir
a ela pola falta de diálogo desta Administración. Postura esta última que
estamos atopando en todos os ámbitos coma no que estamos a expór, referente aos
funcionarios/as Axentes Forestais e Medioambientais. Departamento de comunicación