El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

Turismo de Galicia presenta a oferta turística no País Vasco e Andalucía

11-03-2018 13:04:43
Turismo de Galicia, no País Vasco e Andalucía.

O labor de promoción de Turismo de Galicia leva esta fin de semana a oferta turística galega ao País Vasco, a través do certame Sevatur, que se vén celebrando desde o pasado venres na cidade de San Sebastián. Ademais, este departamento da Xunta promove os recursos ornitolóxicos na feira Doñana Birdfair, que se clausura hoxe na localidade andaluza de Puebla del Río.

A Comunidade galega volve estar presente no Salón da Evasión e do Turismo, Sevatur, unha feira que ese ano celebra a súa XVI edición, dirixida tanto a profesionais como ao público en xeral e que conta con gran afluencia de persoas interesadas nas viaxes interiores.

Sevatur é, xunto a Expovacaciones de Bilbao, o certame turístico máis importante dos que se celebran anualmente no País Vasco e, nesta ocasión, Turismo de Galicia participa tamén cun expositor de deseño de 36 metros cadrados co obxecto de difundir a oferta, os produtos e os recursos turísticos da Comunidade entre un dos públicos españois máis viaxeiros.

Polo que respecta á oferta turística, Turismo de Galicia incide especialmente nos produtos e servizos relacionados coa natureza e a cultura, con especial fincapé no Camiño de Santiago.

Por outra banda, o departamento de Turismo da Xunta presenta a oferta relacionada coa gastronomía e o enoturismo, nun dos mercados con máis tradición gastronómica de España.


Paisaxe e identidade cultural

Ademais, Turismo de Galicia participa este ano por vez primeira no certame especializado en turismo ornitolóxico Doñana Birdfair, ao obxecto de reforzar a promoción deste produto e do turismo de natureza en xeral, principal motivación pola que os turistas elixen visitarnos.

Esta feira celebrarase ata hoxe na Reserva Natural de la Dehesa de Abajo, en Puebla del Río, Doñana. Os seus visitantes adoitan buscar destinos tranquilos, non masificados, para descubrir novas paisaxes, gozar da identidade cultural do destino e da enogastronomía, todo isto conxugado coa posibilidade de combinalo con experiencias de turismo ornitolóxico.

A participación da Xunta de Galicia realízase a través dun recinto de nove metros cadrados, presentándose como unha das mellores propostas de turismo de natureza do Estado.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias