O presidente
dos populares galegos, Núñez Feijóo, clausurou hoy o II Torneo de
Debate do PPdeG, onde pediu aos participantes que non deixen nunca de debater e
de defender en público aquilo no que creen. “Sexa no bar, na casa, no salón de
plenos, no Parlamento ou nun torneo coma este, intentar convencer aos demais
cos argumentos e con razóns é facer política”, salientou.
Acompañado
polo vicesecretario de Acción Municipal e presidente local, AgustínHernández, e
pola vicesecretaria de Estudos e Programas do PP, Andrea Levy, manifestou que nestes
tempos de populismo e eslógans de consumo rápido, que haxa 50 persoas dispostas
a mergullarse nun tema de actualidade, a coñecelo en profundidade e a
argumentar sobre el “devólvenos a todos a confianza na política”.
Feijóo cualificou
aos participantes como “50 valentes” aínda que asegurou que hai moitos máis
afiliados do PPdeG interesados no intercambio de argumentos, na retórica e na
oratoria; insistindo tamén na necesidade de abrir o partido á sociedade. “Actividades
como esta son un paso nesa dirección”, engadiu.
“Entre o
público e os xuíces vexo caras coñecidas, outras que me queren sonar e outras
que xamais vin, pero iso demostra que este é un partido coas portas e ventás
abertas”, dixo antes de explicar que para participar neste torneo “non se lle
pediu a ninguén o seu carné, só ganas e ilusión”.
Así, mentres
outros partidos xamais convidarían aos seus actos a cidadáns sen antes
pedirlles a súa filiación partidista, Feijóo puxo en valor que os populares “estamos
encantados de facelo e sentímonos privilexiados de que aceptasen o noso convite”.
Do mesmo
xeito, o presidente incidiu na importancia de que as persoas que se dediquen á
vida pública estean ben formadas, facendo fincapé en que o que hoxe celebraban
“é ante todo unha actividade de formación que busca mellorar a maneira na que
articulamos e transmitimos as nosas ideas”.
Nese senso,
tamén agradeceu a presenza de Andrea Levy, que éa responsable da área de
formación do partido a nivel estatal e que se interesou por esta iniciativa
desde o momento en que soubo que existía, así como se comprometeu a ampliala e
levala ao nivel nacional. Ademais, lembrou que a vicesecretaria de Estudos e
Programas do PP vén de Cataluña, polo que coñece ben a importancia do diálogo e
do debate cordial e respectuoso, e sabe que cando se perde rómpese un dos
piares da nosa sociedade democrática.
"O importante -e o resultado"
O líder dos
populares galegos tamén se referiu ás sondaxes de opinión publicadas no día de
hoxe por algún medio de comunicación, e criticou que haxa líderes “que as
empregan para aumentar a súa vaidade, e iso é algo que nunca vos debería pasar
a vós”, aconselloulle aos participantes.
“Finalmente,
malia o que digan as enquisas, o que importa é o resultado final”, sentenciou,
lembrando que durante moitos meses as estimacións colocaban a algunhas
formacións como máis votadas a nivel estatal, e hoxe xa as sitúan na cuarta
posición. Departamento de comunicación