Vigo.- O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiuhoxe á manifestación convocada en Vigo para esixir a revalorización das
pensións e, dende alí, esixiu á dereita que “tome nota” dunha reclamación que é
“digna e necesaria”.
Entre milleiros de persoas que encheron as rúas da cidade
olívica nunha das moitas citas previstas para este sábado en toda Galicia e en
toda España, o líder dos socialistas galegos puxo o foco en que “Rajoy e
Feijóo” teñen que atender a demanda social de defensa do sistema público de
pensións e propiciar a súa suba.
Nunha comunidade como Galicia, que sofre pensións “moi
por baixo” da media estatal, Gonzalo Caballero instou ao PP a “abandonar as
súas políticas liberais e de recortes” e asumir o incremento das pensións nun
1,5%.
Sobre todo, como explicou o secretario xeral, porque cun
escenario macroeconómico de crecemento do 3%, “hai marxe” para incrementar as
pensións nun 1,5%. Departamento de comunicación