Lugo.- A
Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde do Concello do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda,
e o Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao González, presentaron este luns no
Pazo de San Marcos, a XII Edición do Mercado Tradicional da Primavera do
Valadouro que se celebrará os días 23 e 24 de marzo, no que colabora o Goberno
da Deputación cunha achega de 6.000 euros.O Executivo
Provincial é a unica administración,
xunto co Concello, que promove económicamenteeste evento, no que colaboran diversas
asociacións da vila.
García
Porto avanzou“que nesta cita participarán preto de 90 postos con toda clase de
produtos autótonos, como mel, pan, empanadas, embutidos, así como outro tipo de stans con outro tipo de mercadorías
como roupa, calzado ou artesanía. Polo tanto, esta cita é unha oportunidade única
para visitar a Mariña Lucense, e ao mesmo tempo desfrutar dun Mercado
tradicional con todo tipo de eventos como o desfile de zocas, a ruta de tapas
ou os xogos tradicionais”.
O alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda agradeceu a colaboración da Deputación e convidou
a todos os visitantes a achegarse á vila nestas datas para vivir unha auténtica
festa tradicional de antano, nun enclave único como é o Valadouro. Ademais
avanzou que haberá “novidades como a exposición sobre os zoqueiros do Valadouro, de
Pepe Blanco, que estará na Casa da Cultura entre o 23 de marzo e o 27 de abril,
e a representación de oficios tradicionais con demostracións de ferreiros,
zoqueiros ou artesáns”.
O
Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao, sinalou “que un dos pratos fortes do
Mercado será o xa famoso desfile tradicionalde zocas, zocos e roupa tradicional,no
que participarán todas as categorías.A xornada rematará co concerto na Praza da
Banda da Balbina, e co primeiro Zocan´rolldo Valadouro, co mítico grupo galego Astarot”.
23 e
24 de marzo
O
mercado, comeza o día 23 de marzo co pregón a cargo do escritor mariñán, Lionel
Rexes. Será no salón de actos da Casa da Cultura, ás 21:30 horas, despois do
pasarrúas co que vai amenizar Amado Lar, polas rúas da vila. Para rematar esta
xornada, haberá unha exhibición de baile en zocas no Salón de Actos da Casa da
Cultura.
O día
grande o 24 de marzo, sábado,será unha xornada con moita actividade, coa apertura
do mercado dos postos de venda ás 10:00 da mañá, durante toda o día. Estarán abertos
nas rúas Andrés López Palmeiro, Plaza de Santa María, Parque Concepción Arenal
e a Explanada do Matadero.
Na Praza de
Santa María poderase aprender o arte da pesca,coa colaboración da asociación de
pescadores "Amigos do Ouro",
tamén darun paseo en cabalo ou mesmo participar en xogos
tradicionais a carón da piscina. Como novidade, este ano haberá unha actividade
de tiro con arco para todos os públicos no aparcadoiro da rúa Andrés López
Palmeiro.
Na mesma liña de outras edicións, estará presente o mítico foto enxebre,
onde os visitantes poderán obter unha fotografía destavisita.
A nota
musical enxebre pona o grupo do Valadouro Maseda, que intervirá na sesión vermú,
para máis tarde dar paso aos grupos de cantos de taberna e aos pasarrúas de
Festicultores Troupe. E sen esquecer aexhibición de baile rexional a cargo da Asociación
cultural Amado Lar. Por último, haberá exposición de coches e vespas clásicas
polas rúas da vila. Departamento de comunicación