Sociedad
02-04-2007
O xurado declarou deserto o XIX Premio Fundación Caixa Galicia de Narracións Xuvenís "Rúa Nova" por primeira vez nas dúas modalidades: lingua galega e lingua castelán. Yolanda Castaño, Antonio Reigosa, Xosé Cobas, Paulino Novo e Beatriz Prado sinalaron, como membros do xurado, que o nivel que este galardón ten acadado ao longo dos anos "debe intentar conservarse".
Ao tempo, o comité avaliador recoñeceu que algúns dos textos presentados tiñan "potencialidades" que, "ben orientadas e perfeccionadas, poden dar en futuros escritores". Neste senso, os membros do xurado comprométense a contactar con dous dos participantes para "animalos a seguir escribindo e suxerirlles posibles atencións".
O certame vén celebrándose dende o ano 1987 e é no ano 92 cando adquire o seu actual nome. As obras gañadoras, escritas por mozos menores de idade, danse a coñecer cada 2 de abril, coincidindo co Día da Literatura Infantil e Xuvenil.
O primeiro premio está dotado con 1.500 euros en cada unha das modalidades e conleva a publicación da obra na colección Nova 33 por parte da editorial Ir Indo e a Fundación Caixa Galicia, mentres que o xurado poderá facer as mencións que considere oportunas.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias