Sociedad
02-04-2007
O Consorcio Audiovisual, o CGAI e o Centro Multimedia de Galicia presentan oO secretario xeral de Comunicación Audiovisual, Fernando Salgado, presentou en Santiago o catálogo de formación audiovisual impartida polo Consorcio Audiovisual de Galicia, o Centro Galego de Artes da Imaxe (Cgai) e o Centro Multimedia de Galicia (Cmg). Ao acto asistiron o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Fernández Iglesias, e o xerente do Consorcio, Ignacio Varela, así como o director da Escola de Cine de Madrid (Ecam), Fernando Méndez-Leite, e o director da Escola de Cine de Cataluña (Escac), Josep Maixenchs, que avalaron o programa de formación galego.
Esta oferta formativa "cobre lagoas" do ensino regrado ao ensinar "non só coñecementos, senón tamén as técnicas" necesarias para os profesionais do audiovisual, segundo indicou Salgado.
O programa de formación "responde ás necesidades do sector", ao ofrecer cursos non só para profesionais, senón tamén para o público en xeral.
O director da Escac referiuse ao catálogo como "pionero en España", xa que "ninguna comunidad autónoma tiene en este momento tan bien resituada toda la formación audiovisual" e que ademais "tenga un compromiso de actualización anual".
Maixenchs falou de dous centros de referencia na formación audiovisual: a Escac, Centro que dirixe en Barcelona, e a Escam, e apostou por engadir formación continuada "en la propia realidad geográfica". Neste senso, salientou a relación da Escola co Consorcio Audiovisual. O director da Ecam avogou por "luchar contra el intrusismo en la formación cinematográfica", xa que "condena a los alumnos a una formación que en realidad es un engaño".
Formar espectadores
Méndez-Leite cualificou pola súa banda de "fundamental" a decisión política de abordar a formación audiovisual dende o ensino medio, que "condiciona a los futuros cineastas y público". Referiuse así ao programa Audiovisual nas Aulas, organizado polo Consorcio, para ofrecer unhas nocións aos escolares de Primaria, Secundaria e Bacharelato. Así mesmo, celebrarase en decembro o III Encontro Internacional sobre Educación Audiovisual, coa fin de introducir a formación audiovisual nos currículos escolares.
Ao tempo, o Cgai ofrece cursos tanto profesionais como para o público interesado no cine. Entre eles, 'Cine e modernidade. As transformacións da percepción' ou 'Nas marxes da narratividade. Vangardas e extraterritorialidades no cine español'. Para profesionais, tanto o Consorcio como o Cmg, orientado ás novas tecnoloxías, imparten seminarios orientados a completar ou reciclar a formación dos profesionais.
Edición de son, dobraxe, dirección artística, interpretación, dirección de actores e steady-cam, así como o desenvolvemento de documentais, curtametraxes e telefilmes, centran algúns dos cursos destinados a traballadores no eido do cine e da televisión.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias