A Axencia Galega de Industrias Culturais
(Agadic), en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes
(Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE), promove a terceira edición do
programa Firma e Filme para por en contacto editoriais e produtoras co
obxectivo de estudar a adaptación de obras literarias galegas ao noso audiovisual.
Con tal fin, ábreseata o 6 de abril o prazo de
inscrición para que as empresas editoriais acheguen información sobre a súa
oferta dispoñible, indicando o xénero, o público potencial e o formato proposto
para as versións audiovisuais, así como para que as produtoras especifiquen as
súas necesidades e intereses nestes mesmos apartados.
No caso das editoriais, poderán presentar un
máximo de cinco títulos que participen por primeira vez nesta iniciativa e se
correspondan con obras orixinais galegas, traducións ou reedicións de textos
publicados entre 2016 e 2018. Así mesmo, teñen de prazo ata o 11 de abril para enviarlle á organización dous exemplares
de cada obra inscrita.
A partir desa data, porase en marcha un proceso
de análise das posibilidades de adaptación de cada título a nivel
cinematográfico ou televisivo de acordo cos distintos xéneros e públicos.
Ademais, farase un estudo exhaustivo dos intereses e as posibilidades das
produtoras e iniciaranse os contactos con ambas partes para intercambiar
impresións. Finalmente, organizarase unha axenda de reunións bilaterais de
carácter executivo, que terán lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de
Compostela, en setembro.
A Agadiccreou o programa Firma e Filmeen 2015
co fin de poñer en valor dous importantes ámbitos creativos da cultura galega,
o das imaxes e o das letras, a través dun proxecto conxunto que busca impulsar
unha maior presenza da literatura galega tanto na pequena como na gran
pantalla. Nas súas dúas anteriores edicións participaron 65 empresas de ambos
sectores, que levaron a cabo máis de cen reunións executivas arredor de 84
títulos propostos.