El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Plan de Emprego destina 3 millóns para contratacións nos concellos en 2018

27-03-2018 11:42:59
Plan de Emprego da Deputación.

A Coruña.- A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL), destinará durante 2018 un orzamento 3 millóns de euros para apoiar aos 82 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos. 

O organismo provincial vén de publicar as bases desta convocatoria, á que os concellos poderán acollerse ata o vindeiro 5 de abril. Segundo subliñou o presidente provincial, Valentín González Formoso, “a Deputación manterá en 2018 a súa aposta polo emprego como a principal prioridade e o eixo transversal de todas as súas  políticas”. Neste sentido, a liña de apoio aos concellos do PEL, que nos exercicios 2016 e 2017 creou 996 postos de traballo nos concellos coruñeses, volverá a ter este ano un importante protagonismo para favorecer a inserción laboral das persoas con maiores dificultades. 

O executivo provincial mantén a súa aposta de triplicar o orzamento que os anteriores gobernos destinaban á creación de emprego nos concellos, usando como criterio de distribución das axudas o número de persoas desempregadas en cada municipio en lugar do número total de habitantes, como se viña facendo ata 2015, “de xeito que o reparto sexa máis equitativo e acorde ás necesidades reais en materia de creación de emprego de cada concello”, apuntan dende o goberno provincial. 

Tomando como base a porcentaxe de desempregados de cada municipio sobre o total de parados nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes establécese unha táboa de asignación económica por tramos que van dende os 19.000 aos 52.000 euros por municipio (ver táboa ao final da nota).

Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios coruñeses poderán financiar, ata o 31 de decembro de 2018, os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal que se destinará á mellora dos servizos municipais básicos. 

Os operarios, que deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas, realizarán labores como recollida e tratamento de residuos, limpeza viaria, mantemento de alcantarillado e alumeado público, melloras no acceso aos núcleos de poboación e pavimentación de camiños, mantemento de parques e xardíns ou traballos nas bibliotecas municipais. Así, o PEL- Concellos facilita a inserción laboral de preto de 500 coruñeses/as cada ano e, ao mesmo tempo, contribúe a mellorar os servizos públicos dos municipios coruñeses.


Destinado a persoas con dificultades de inserción laboral

A Deputación esixe nas bases do programa que a contratación beneficie especialmente a aqueles colectivos máis afectados polo desemprego: maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas cun grao recoñecido de discapacidade, persoas pertencentes a fogares con todos os seus membros en paro, vítimas de violencia de xénero, persoas en risco de exclusión social ou mulleres, dado que o índice de paro rexistrado entre as mulleres é sensiblemente superior ao dos homes. 

Dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas admininistracións públicas.


Abertas as liñas para apoio a PEMES e emprendedores

O PEL-Concellos é  unha das tres liñas principais de actuación que inclúe o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. O programa contempla un investimento global de 30 millóns no período 2016-2019 para estimular a creación de 3.000 novos postos de traballo directos nos sectores público e privado, así como apoiar as iniciativas emprendedoras nacidas na provincia. 

Ademáis desta liña de apoio aos concellos para a xeración de emprego, a institución provincial ten activo o período de solicitudes da liña PEL-PEMES, que subvenciona a autónomos e pequenas e medianas empresas da provincia o 75% dos custes salariais da contratación de novo persoal e o a liña PEL- Emprende, que inclúe accións de fomento da iniciativa empresarial para empresas con menos de cinco anos de antigüidade, promoción dos viveiros de empresas e espazos de coworking. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias