O secretario
xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, apuntou esta mañá que o desafío
permanente a Luis Villares dentro da súa propia formación e a actitude dos seus
representantes desacredita a En Marea como primeira forza da oposición en
Galicia.
En declaracións
aos medios de comunicación, o número dous dos populares galegos subliñou que En
Marea non pode ser o principal partido da oposición porque “viven
unha situación de colapso interno e contradición pura que non nos leva a
ningunha parte”. Para Tellado, as Mareas de Podemos quedan perfectamente
desacreditadas para a labor de oposición no Parlamento practicando unha
política que debe quedar desterrada como a do “vostede non sabe con quen está falando”.
Así mesmo, como
indicou o secretario xeral do PPdeG, estamos ante un desafío permanente de EU,
Podemos, e parte de ANOVA contra un líder que non ten o recoñecemento dos seus.
“Villares non é voceiro de ninguén, nin sequera de si mesmo porque é capaz de
votar cousas distintas en reunións separadas por 24 horas entre si”, engadiu.
Nese senso,
apuntou que os populares teñen a sensación de que “o respectamos máis nós que
os seus propios compañeiros”, facendo referencia aos vídeos nos que
determinados responsables da súa formación chegan a insultar ao portavoz
parlamentario de En Marea.
Segundo Tellado,
as xuntanzas de onte reflectiron novamente que “non hai ninguén ao volante das
Mareas de Podemos”, xa que os seus conflitos internos dan como resultado un
exemplo máis de socavar o liderado de Villares. Sobre isto, Tellado indicou que
quen patrocina estes problemas internos é Martiño Noriega, ao que sinalou como
a persoa detrás da estratexia de debilitar ao voceiro parlamentario de En
Marea.
“Luis Villares é
parte xa do pasado da política galega e debería pensar en abandonar unha
política na que a súa voz non conta e a súa palabra non ten peso”, manifestou
Tellado, quen lembrou que se trata da “crónica dun grupo mixto anunciado” e o
preludio dunha división interna que se pode materializar coa creación do grupo
mixto ou con que finalmente Villares tire a toalla “porque non o respectan nin
no Consello das Mareas nin no seu grupo parlamentario”. Departamento de comuniczción