El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Tellado: "O Partido Popular debe constituírse como alternativa"

29-03-2018 20:22:18
Miguel Tellado, en la Cadena Ser.

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, nunha entrevista concedida hoxe á Cadena Ser, salientou que nestes momentos toca traballar intensamente de cara as próximas eleccións municipais para conformar proxectos ilusionantes en todas as cidades: “Naqueles concellos onde hoxe impera a parálise e a frustración, temos que formularnos como alternativa, de aí que sexa necesario elixir os mellores candidatos, facer equipos e elaborar proxectos de futuro para cada un deles”. 

 O número dous dos populares galegos indicou que o adversario a bater son “gobernos de minoría, oportunistas e de perdedores”. Neste senso, referiuse á complicidade do PSdeG coas Mareas de Podemos, que facilitou gobernos onde non gañaron eleccións. “Ao final, imos ter que darlles a razón. Prometeron o cambio e, efectivamente, cumpriron: é o cambio a peor”, sentenciou. “Hai que explicarlle á xente –engadiu- que Ferrol merécese un futuro mellor, ao igual que A Coruña, e que Santiago pode recuperar o pulso e volver ser a capital de Galicia”. 

“O que imos reivindicar nas Eleccións Municipais de 2019 son os gobernos de maiorías, de estabilidade e de colaboración coa Xunta de Galicia”, salientou Miguel Tellado, que lamentou que o proceso de recuperación económica que está a vivir España e Galicia, en moitas das cidades nas que gobernan as Mareas non se está a dar.


Luis Villares "non é voceiro de nada"

Para o secretario dos populares, Luis Villares “non é voceiro de nada”, ao quedar acreditado a súa incapacidade para asumir ningunha responsabilidade no episodio que protagonizou Paula Quinteiro de abuso de poder e de intimidación aos axentes da Policía Local de Santiago. 

Miguel Tellado fixo fincapé na actitude de Luis Villares, incapaz de dar a cara: “leva sete días escapando dos medios de comunicación, porque non quere dar explicacións e non é quen de posicionarse”. “Está a  demostrar unha gran debilidade interna e unha gran falta de liderado”, engadiu, tal e como se puxo de manifesto na decisión que adoptou o consello das Mareas, contraria á tomada polo grupo parlamentario, dous órganos que preside Luis Villares. “É unha crise utilizada polos propios membros de Podemos para socavar e minar o liderado de Luis Villares”, indicou.


"Unha sanidade de primeiro nivel"

Por outra banda, o secretario xeral dos populares aproveitou para poñer en valor “unha das mellores sanidades públicas de toda Europa”. E é que, tal e como destacou, a Xunta de Galicia inviste o 40% do orzamento de cada ano, o que supón arredor de 4.000 millóns de euros: “Temos unha sanidade de primeiro nivel”, insistiu. 

Neste senso, lamentou que algúns partidos de esquerda danen a súa imaxe co único fin de acadar réditos políticos: “temos unha sanidade que se constrúe co esforzo de todos os galegos e galegas. Está ben xestionada e con magníficos profesionais”. “A oposición minte cando fala de recortes, porque non os hai”, continuou Miguel Tellado, que recordou que, con respecto a 2009, hai máis gasto sanitario e máis infraestruturas, polo que “o discurso dos supostos recortes da oposición é falso".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias