A Axencia Galega de Industrias Culturais
(Agadic), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,
publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de subvencións
para a promoción e difusión do cinema galego en 38 festivais de prestixio
nacional e internacional celebrados entre o 1 de decembro de 2017 e o 30 de
novembro do 2018.
O principal obxectivo desta liña de axudas,
dotada con 30.000 euros, é reforzar as campañas de promoción dos filmes que
teñan sido seleccionados nalgunha das mostras especificadas nas propias bases,
co fin de pór en valor o traballo dos produtores e creadores, así como de
situar Galicia no mapa cinematográfico internacional.
Os festivais recollidos na convocatoria son os clasificados
pola Federación Internacional de Asociacións de Produtores (FIAPF), entre os
que destacan eventos tan relevantes como aBerlinale (Alemaña), o Shangai
International Film Festival (China), KarlovyVari (República Checa), Biennalede
Venecia (Italia), Sundance e Nova York(Estados Unidos), IDFA de Amsterdam
(Países Baixos), BAFICI de Bos Aires (Arxentina), Locarno (Suíza), Toronto e
HotDocs (Canadá), Festival Internacional de Cine de Xixón, San Sebastián,
Festival de Cine Español de Málaga, Seminci de Valladolid, Sitges ou Festival
de Cine Europeo de Sevilla, entre moitos outros.
Prazos
de solicitude
O prazo de presentación estará aberto ata o 2
de maio para a participación en eventos que xa se teñan celebrado, mentres quepara
os que se desenvolvan a partir de hoxe, o período de solicitude será dun mes
desde que se produza a comunicación oficial da selección por parte do festival,
sempre que non se exceda a data límite do 15 de novembro.
A convocatoria especifica cales son as contías
–entre 1000 e 5000 euros– destinadas á participación en cada un dos festivais
da listaxe, en función das categorías de selección (seccións oficiais,
competitivas, de exhibición etc.) e a tipoloxía do filme.
En anos anteriores, a través destas subvencións
apoiouse a difusión en importantes mostras internacionais de óperas primas como
Dhogs, de Andrés Goteira; A estación violenta, de Anxos Fazáns; Os fillos da vide, de Ana
Domínguez; e Nocturno, fantasmas de mar
en puerto, de Álvaro F. Pulpeiro. Tamén se contribuíu á promoción de Mimosas, de Oliver Laxe, e das curtas Fajr, de Lois Patiño; Plus Ultra e Montañas ardientes que vomitan fuego, de Helena Girón e Samuel M.
Delgado, e El paisaje está vacío y el
vacío es paisaje, de CarlaAndrade.
Esta convocatoria enmárcase
tanto no programa anual de subvencións da Xunta ao cinema e átelevisión como no
plan de internacionalización exterior do noso audiovisual, a través dos que Agadicimpulsa
este sector como estratéxico para a Comunidade e contribúe a que as súas
empresas se consoliden como competitivas, optando á exportación e á rendibilidade
social e económica. Do mesmo xeito, promóvese a excelencia dos produtos
culturais galegos e difúndese o audiovisual como marca representativa de
Galicia. Consultar convocatoria