El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

Publicado o Resumo da Acción de Goberno 2014-2018

02-04-2018 19:33:54

Santiago.- O Resumo da Acción de Goberno 2014-2018  xa se pode consultar na web do reitor, un documento que “dá conta do que se fixo” pero que tamén recoñece “o traballo de toda a comunidade universitaria que, durante uns anos complexos, permitiu que a USC siga a ser recoñecida como unha universidade de referencia na docencia, na investigación, na transferencia de coñecemento e na súa relación cos axentes sociais”. 

Como sinala no limiar o propio reitor da USC, Juan Viaño, o documento “non é unha lista exhaustiva do traballo levado a cabo” xa que a memoria “pretende reflectir aquelas actuacións que se implementaron nestes últimos catros anos e que supuxeron un impacto nas persoas, na organización ou na xestión da nosa Universidade, buscando sempre a mellora no camiño da excelencia”. No mesmo documento, o reitor agradece ao conxunto do persoal universitario, ao alumnado e a colaboradores e patrocinadores o traballo realizado e a confianza depositada no equipo de goberno. 

A planificación da acción de goberno recóllese na Programación Plurianual para o período 2015-2018, actualizada en decembro do pasado ano. A maiores das actuacións recollidas na propia programación e dos informes realizados nas sesións do Claustro, dende as vicerreitorías, a xerencia e a secretaría xeral, puxéronse en marcha unha serie de iniciativas tamén recollida no documento. 

O documento está organizado atendendo á propia estrutura do actual equipo de goberno ao desagregar as distintas actividades en función das distintas vicerreitorías: Investigación e innovación; Organización académica e persoal docente e investigador; Oferta docente e innovación educativa; Estudantes, cultura e responsabilidade social; Comunicación e coordinación; Internacionalización; Coordinación do Campus de Lugo; Desenvolvemento científicos e tecnolóxico do campus lugués; e Servizos Culturais de Lugo. Igualmente, tamén se recollen as iniciativas coordinadas dende a Secretaria Xeral, a Xerencia e a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE). USC





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias