A Coruña.- A Deputación da Coruña acollerá este venres, a partir das 9.30 horas, unha xornada sobre comunicación política na que distintos expertos a nivel nacional como Daniel Ureña, director xeral de MAS Consulting e vicepresidente da Asociación Europea de Consultores Políticos; Luís Arroyo, presidente de Asesores de Comunicación Pública; Verónica Fumanal, analista política, ou Ícaro Moyano, xornalista experto en redes sociais, analizarán os retos de futuro da comunicación de políticos e institucións públicas.
A xornada, organizada en colaboración coa Fundación Democracia e Goberno Local (FDYGL), será inaugurada polo presidente da institución provincial coruñesa, Valentín González Formoso, e o director da FDYGL, Ramón Camp i Batalla. Na mesma debateranse cuestións de actualidade neste ámbito coma a construción dunha mensaxe política eficaz, as claves do liderado político, a comunicación a través das redes sociais, a comunicación no eido local ou a relación entre políticos e xornalistas.
Esta xornada vai dirixida a alcaldes, concelleiros, deputados provinciais e responsables de comunicación dos concellos e entidades locais da provincia. Realizar a inscrición.