El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Deputación e Concello promoven a Feira de Antigüidades de Sarria

03-04-2018 14:15:23
Presentado a XXIII Edición da Feira de Antigüidades.

Lugo.- A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, e a anticuaria, María Beltran, presentaron hoxe no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a XXIII Edición da Feira de Antigüidades San Lázaro de Sarria na que participan 26 expositores, e quese celebrará esta fin de semana. O Goberno da Deputación é a única administración que colabora co Concello na organización desta cita, cunha achega de 2.500 euros, para promover eventos lúdicos na vila e dinamizar a Comarca de Sarria.   

López Izquierdo remarcou que “dende o Goberno da Deputación entendemos de vital importancia promover todos os eventos que contribúan a dinamizar as nosas Comarcas. Como é o caso desta tradicional feira de Antigüidades que xa celebra a súa 23 edición. Trátase dun mercado urbano cunha zona de exposición ao aire libre que engloba coleccionismo e antigüidades. Nel pódense atopar obxectos de todo tipo, pezas de colección, antigüidades, xoias, libros, discos, mobles de diversos estilos, arte e  todo tipo de obxectos de decoración”.   

Pilar López avanzou tamén que esta Feira contará con actividades paralelas como a exposición de coches antigos, talleres para nenos ou exhibicións de oficios tradicionais, ademais de exposicións de taller luthería medieval ou pintura. Tamén estará presente o grupo de danza e gaitas da asociación local Peleriños e Meigas e Trasgos.

Ademais, sinalou que o Concello habilitará no recinto, un posto para ofrecer información sobre a Feira de San Lázaro e outros atractivos turísticos do municipio. Maria Beltrán explicou que este ano o espazo xove do recinto esta adicado a hostalaría coa recreación dun café-concerto con mobiliario antigo e no que haberá ademais actuacións musicais en directo. Neste recinto poderase degustar tamén produtos típicos da Comarca de Sarria, como o queixo ou porco celta.


26 expositores na feira

O evento  terá lugar os días 7 e 8 de abril, nas rúas do Porvir e Marqués de Ugena no casco histórico da vila. A Rúa do Porvir é tamén coñecida como rúa dos anticuarios pola gran presenza de tendas deste sector, as cales estarán abertas ao público durante a feira. O recinto feiral estará aberto dende ás 11:00 ata 20:00 horas.   

Nesta edición da Feira de Antigüidades e Restauración San Lázaro reuniranse 26 expositores procedentes de toda Galicia, cun ampla representación de anticuarios sarrianos, o resto proceden de distintos puntos de Galicia como Lugo, A Estrada, Arteixo, Verin ou Ourense, entre outros, e haberá ademais representación da cerámica de Barcelos (Portugal).


Obradoiros, exposicións e coches antigos

Durante esta feira haberá obradoiros infantís na Casa de Cultura de cestería, colgantes, bisuteria ou xogos, así como exposición de maquetas de pedra, ferro, bolillos, bordados e cabezudos. E actuacións musicais. No recinto feiral os visitantes tamén poderán desfrutar de exposicións e demostracións de oficios tradicionais como talla de madeira, de pintura, luthería, así como outras exhibicións como coches antigos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias