Sociedad
03-04-2007
A nova edición do Festival Mozart amplía o número de sedes para achegar a música á cidade da Coruña. Seis recintos acollerán este ano o festival, coa incorporación do Teatro Colón. O programa, que se desenvolverá entre o 16 de maio e o 7 de xullo, inclúe un total de 24 espectáculos diferentes en 29 funcións.
A Fundación Caixa Galicia asinou un convenio co Concello da Coruña polo que contribúe con 1,2 millóns de euros ao patrocinio do festival e con 300.000 á Orquestra Sinfónica de Galicia. A Sinfónica de Galicia, o Concello e a Fundación manteñen unha política de prezos populares, e ofrecerán cinco concertos con entrada libre. Os coruñeses poderán gozar así do compositor de Salzburgo a través do seu 'Réquiem' ou da música incidental 'Thamos, Rey de Egipto'.
A ópera chegará tamén á cidade herculina da man do grupo teatral El Tricicle e o Gran Teatre del Liceu, co espectáculo 'El superbarbero de Sevilla', dirixido a un público familiar.
O festival presentará ademais unha nova produción de 'Il Re Pastore' de Mozart a cargo da OSG e a Real Filharmonía de Galicia, con dirección de Eduardo Vasco. 'La Flauta Mágica' verase na produción de Daniele Abbado para o Teatro de Reggio Emilia, inédita en España.
O Festival Mozart inclúe un ciclo Rossini dirixido por Alberto Zedda, coa presenza de Antonacci, Tamar, Ciofi, Barcellona, Bros ou Pertusi. Na última fin de semana do festival, o Coro da Sinfónica interpret
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias