Lugo.- O voceiro
do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, demostrou este venres a “trama
política organizada polo Partido Popular para que non abran as residencias”,
desmontando mentiras e desvelando a documentación “errónea”pública do Rexistro
Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.
Mentiras
O acordo que se debate no Pleno Extraordinario da tarde de hoxe é a aprobación
do convenio marco da Deputación cos Concellos que define o modelo de xestión
das residencias e centros de día. Isto non afecta, en ningún caso, á encomenda
de xestión a SUPLUSA, que foi aprobada en 2010 e segue vixente. Pois o que o
Executivo da Deputación acordou en Xunta de Goberno foi retirar a SUPLUSA a súa
condición de medio propio polos seus múltiples incumprimentos. En dito acordo,
ordénaselle a este organismoque execute a encomenda de xestión e continúe coa
construción das residencias (Todo isto se pode constatar no acordo da Xunta de
Goberno do 9 de marzo de 2018 que se axunta).
Tal
e como tamén se pode constatar na documentación que se adxunta, entre outras
cuestións aclaratorias sobre as terxiversacións que se están a realizar,
a Deputación aprobou en outubro de 2010 unha encomenda de xestión a SUPLUSA
para unicamente Construír os Centros de Maiores.
O
modelo de xestión das residencias non existía. Este foi definido polo
Presidente e os Alcaldes en múltiples reunións conxuntas cos Secretarios e
Interventores da Deputación e os Concellos para acadar un modelo que cumpra
rigorosamente a legalidade ante a nova normativa vixente en materia de
contratación e cun obxectivo político conxunto: que os centros de maiores
construídos cos fondos públicos de todos os lucenses na Deputación e nos
Concellos sexan, por xustiza, para todos os veciños da provincia.
Este
modelo, que está sendo un referente en Europa, é o único que garante que as
prazas sexan para os veciños da provincia (primeiro para os do
Concello onde se sitúa o centro, logo para os da bisbarra e seguidamente para
lucenses en xeral), así como o acceso universal ás mesmas, pois inclúe
axudas públicas para que, independentemente da capacidade económica dos maiores
da provincia, todos os lucenses poidan desfrutar deste servizo con axudas
públicas principalmente dende a Deputación e coa colaboración dos Concellos.
Trátase dun modelo aprobado por unanimidade nos Concellos de Ribas de Sil,
Pedrafita do Cebreiro e Ribadeo, e por maioría (coa abstención do PP) na
Fonsagrada, Trabada e Pol.
En
definitiva, no Pleno os Deputados pronunciaranse a favor ou en contra da
xestión públicas dos centros de maiores e de prazas para todos os lucenses con
independencia da súa situación económica.
Documentación "errónea" pública
No Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos
Sociais da Xunta de Galicia, o portal público galego no que debe figurar toda a
información das prestacións sociais que se ofrezan (residencias, centro de
día, garderías...) no conxunto da Comunidade tanto dende entidades
públicos como privadas, figura a seguinte información “errónea”.
.-
SUPLUSA figura como unha administración pública provincial, equiparándoa coa
Deputación de Lugo, cando é unha Sociedade Mercantil.
.-
Os centros de maiores figuran para dependentes. Os permisos que concedeu a
Xunta á Deputación para a súa construción,que foron os de creación de centro de
día e creación de residencia, son para persoa válidas, é dicir, para non
dependentes.
Chama
poderosamente a atención que, mentres si se deron á Deputación mencionados
permisos, a Xunta non concedeu á Deputación os de PIA (Permisos de Inicio de
Actividade)
senón que llo deu a SUPLUSA. Foron outorgados sen estar aprobado o modelo de
xestión (que é o que se leva ao Pleno de hoxe), o regulamento e as
tarifas dos centros de maiores, cuestións nas que están a traballar e teñen
aprobar a Deputación de Lugo e os Concellos por seren as administracións
públicas coas competencias, especialmente, os municipios, pois téñenas de xeito
directo. Todas estas cuestións son imprescindibles, segundo a normativa galega
da Xunta, para a concesión dos PIA. Todo isto, a pesares de que tanto a
Consellería de Política Social como a propia Presidencia da Xunta de Galicia
foron alertadas a través de sendos escritos oficiais da situación irregular de
SUPLUSA e da súa perda de condición de medio propio.
.-
Nos centros figuran uns 60 profesionais, cando nin determinaron ou se
contrataron, con xornadas “precarias” de como moito 20 horas á semana, que
derivan de presupostos contratos parciais e temporais. Esta información non
recolle, en ningún caso, o modelo de xestión pública acordado por Deputación e
Concellos, administracións coas competencias.
.-
Tamén aparecen prezos de ata 1.100 euros por prazas, cando os prezos non están
aprobados, pois isto téñeno que aprobar Deputación e Concellos.
"Trama
política do PP"
“Se a propia SUPLUSA recoñece que para abrir os centros necesita
un acto administrativo da Deputación, que é a aprobación da ordenanza coas
tarifas e do regulamento, por que figura esta documentación nun rexistro
oficial da Xunta?. Que prezo se utilizou para conceder este PIA? Isto é o que
alguén terá que aclarar. Estamos ante a sospeita dunha intencionalidade
política clara do Partido Popular, que goberna a Xunta de Galicia e á que se
lle trasladou o acordo da Xunta de Goberno sobre a perda da condición de medio
propio de SUPLUSA e, polo tanto, da súa incapacidade para facer actos
administrativos no nome da Deputación, que é a titular dos edificios, dos
servizos e das competencias.
Trasladóuselle tanto á Consellería de Política
Social como á Presidencia da Xunta de Galicia a situación irregular de SUPLUSA,
e, sen embargo, a Xunta de Galicia do Partido Popular segue ditando actos administrativos
a favor de SUPLUSA. Cremos que estamos ante unha trama política organizada polo
PP que só pretende que non abran as residencias. Por que á Deputación se lle
esixen unhas cuestións e a SUPLUSA outras?. Quizais sexa a Xunta do PP a quen
ten que aclarar por que chamou por teléfono a funcionarios desta Deputación
dicíndolles que retirase a solicitude de PIA da residencia de Castroverde para
poder concederlla a SUPLUSA”, subliñou Santos Ramos. Departamento de comunicación