El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

SANTIAGO | HOXE

Debate dos candidatos ao Reitorado da USC no Ateneo de Santiago

07-04-2018 11:04:33

Santiago.- O Ateneo de Santiago celebrará o luns unha nova sesión de Os Luns do Ateneo, onde os candidatos ao Reitorado da Universidade de Santiago manterán un debate centrado no tema “Universidade e cidade”. 

 Deste xeito, Antonio López Díaz, Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, e Juan Viaño Rey, Catedrático de Matemática Aplicada, presentarán as súas propostas sobre as relacións da Universidade coa cidade e a cidadanía, nun acto que estará moderado polo economista e Secretario do Ateneo Francisco Candela e que conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela. 

Como ven sendo habitual, o debate comezará ás 20.00 horas na sede de Afundación, situado na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela,onde se permitirá a entrada libre e gratuíta ata completar o aforo dispoñible,e rematará cunha quenda de preguntas e suxestións por parte do público asistente. 

Antonio López Díaz xa formou parte da equipa reitoral de Darío Villanueva entre 1998 e 2002, ocupándose das áreas de infraestruturas e coordinación do campus de Santiago. Entre 2005 e 2008 foi Decano da Facultade de Dereito e entre 2007 e 2010 presidiu a Consellería de Contas do Parlamento de Galicia. 

Pola súa banda, Juan Viaño Rey é o actual Reitor da USC dende 2014, ano en que sucedeu a Juan CasaresLong. Entre 2001 e 2009 foi Decano da Facultade de Matemáticas e entre 2002 e 2010 formou parte da equipa de Senén Barro como vicerreitor. 


Comeza o ciclo “Cine e educación” 

Ademais de Os Luns do Ateneo, o Ateneo de Santiago organiza diversas actividades en prol da cultura e a educación. Deste xeito, mañá martes comezará un novo ciclo de cine que, a  partir da proxección de catro películas, representativas dos sistemas educativos dos seus respectivos países (Francia, Alemaña, Estados Unidos e España), pretende suscitar a reflexión eo debate sobreos problemas e a situación da ensinanza nas sociedades contemporáneas. 

O primeiro filme deste ciclo será Çacommenceaujourd’hui (Hoyempieza todo) (BertrandTavernier, 1999), que se proxectaráen versión orixinal en francés subtitulada en español mañá martes ás 19.30 horas na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19). Debido á extensión desta longametraxe, o habitual faladoiroposterior á proxección terá lugar ao día seguinte mércores ás 20.00 horas na sede do Ateneo de Santiago, sita na Praza de Salvador Parga, 4-2º, e contará coa participación de Xosé Armas, Profesor de Ciencias da Educación da USC. En ambos os dous actos permitirase a entrada libre e gratuíta ata completar o aforo dispoñible. 

Nesta película o director da escola infantil dun barrio marxinal dunhavila mineira do norte de Francia, castigado polo paro a causa da crise da minería, solicita dos veciñosaxuda para unha das súas alumnas de cinco anos e un bebé pero o único que conseguirá é que o seu labor docente sexa cuestionado. 

O ciclo continuará os vindeiros martes 17 de abril e 8 e 15 de maio coa proxección de DieWelle (La ola), A lingua das bolboretas e FreedomWriters (Diarios de la calle), respectivamente. Todos os filmes serán emitidosen lingua orixinal subtitulados en español, excepto A lingua das bolboretas que será proxectada en galego, ás 19.30 horas na sede de Afundación. 


As Xornadas sobre Viño e Cultura Galega comezan centradas na figura de Emilia Pardo Bazán 

Este mércores 11 tamén comezarán as Xornadas sobre Viño e Cultura Galega, que procuran levar a cabo un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata, integrándoa coa creación literaria, artística e musical galega, comentando os cadros, ou apartados da obra literaria nos que se fai mención ao viño, e mesmo facendo dramatizacións, recitacións de poemas e lecturas de fragmentos en prosa. 

O condutor das xornadas, que conta coa colaboración do Ateneo de Santiago, será o profesor Xavier Castro, quen fará referencia ao escritor ou artista que centre o interese de cada unha das sesións, abordando cuestións relacionadas coa cultura do viño e a temática gastronómica relacionada con ela,entrefebradas coas intervencións dos participantes. En cada sesión cataranse os viños dunha acreditada adega galega, acompañados con petiscos de produtos galegos de calidade, e haberá interludios musicais nos que se escoitarán pezas alusivas á cultura do viño. 

Nesta primeira sesión, que se levará a cabo o mércores de 20.00h a 22.00 horas na cafetería do CGAC, abordaranse os fragmentos da obra de Emilia Pardo Bazán onde se fai referencia ao viño. O aforo dispoñible é limitado polo que é preciso reservarno enderezo cafeteriacgac@gmail.com ou no teléfono 981 546 624.A venda de entradas realizarase na cafetería do CGAC a un prezo de 12€ por persoa e sesión, con dereito a varios viños e petiscos. 

Estas Xornadas de Viño e Cultura Galega continuarán no mes de maio con sesións adicadas a Rosalía de Castro (día 2), Julio Camba (día 9), Valle-Inclán (día 16) e Álvaro Cunqueiro (día 23). Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias