O reitor da Universidade da Coruña, Julio
Abalde, recibirá mañá na Reitoría a visita do exdeportivista Mauro Silva, aproveitando a súa estadía na cidade e con motivo do Campus Mauro
Silva que organiza a UDC desde hai 19 anos.
Julio Abalde e Mauro Silva ofrecerán unhas
declaracións aos medios de comunicación na Sala de Prensa da Reitoría, mañá ás
12:00 horas. Tamén estará o director do Campus Mauro Silva, Roberto Taibo; así
como a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria,
Margarita Amor, e o director de Deportes da UDC, Juan Fernández. Departamento de comunicación