El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

UNIVERSIDADE | USC

Unitaria Estudiantil preséntase ás eleccións

21-04-2018 19:34:24
Cartel electoral.


Santiago.- Baixo o lema “O voto que lles doe” estudantes da Universidade de Santiago de Compostela veñen de facer pública a Candidatura Unitaria Estudantil coa que concurrirán ás eleccións para o Claustro Universitario do vindeiro luns 23 de abril. As listas presentadas contan co apoio das principais organización estudantís galegas e co aval dos Comités de Folga encargado de dirixir a mobilización do pasado xoves 19 de abril en Compostela. A idea na que se basea a candidatura é a de poder exercer como correa de transmisión nas institucións universitarias das demandas que o estudantado está a formular, facendo seu o obxectivo de acadar “un ensino democrático e feminista”.

Trátase da agrupación que máis estudantes ten candidatado para as presentes eleccións. Contando coas candidaturas irmás das facultades de Ciencias da Educación (Candidatura Unitaria de Educadoras), Biloxía (Bota e Bata) e Física (Delegación de Alumnos de Física) o espazo conta cun total de 44 candidatas e candidatos. Tras a proclamación definitiva dos mesmos o pasado 10 de abril, finalmente só se producirán eleccións nas facultades de Filoloxía, Económicas, Historia, Filosofía, Dereito, Ciencias Políticas e Matemáticas. Aproximandamente a metade das candidatas presentadas pola CUE, correspondentes ao resto de facultades compostelás, son xa virtualmente claustrais ao entraren no órgano de maneira directa.

Respecto ás eleccións a reitor da Universidade, a Candidatura Unitaria Estudantil acordou durante esta semana a súa posición consensuándoa coas representantes das asembleas que convocaron a folga do 19A. Tras sendas reunións cos equipos de Juan Viaño e Antonio López, a CUE acordou non apoiar a ningún dos dous candidatos, pero si chamar ao estudantado a votar aquela candidatura que consideren poida enfrontar mellor as políticas de recorte neoliberais promovidas polo goberno da Xunta de Galicia. A candidatura por último mostra a súa absoluta condena á actuación da Policía Nacional durante a pasada Folga Estudantil e esixe á USC unha firme defensa do persoal administrativo e das estudantes afectadas pola mesma. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias