El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Nacional

GALICIA

Galicia mantense entre as comunidades que pagan máis rápido as súas facturas

23-04-2018 20:11:04

Galicia mantense entre as comunidades autónomas que pagan con máis axilidade aos seus provedores, cun período medio de pago seis días inferior á media autónomica, e tamén está consolidada entre as comunidades con menor débeda comercial de toda España, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

No mes de febreiro, o período medio de pago de Galicia situouse en 9,6 días, un promedio mellor que a media das comunidades autónomas, que foi de 15,7 días. Deste xeito, Galicia cumpre un mes máis coa normativa estatal en vigor, que establece que o período medio de pago non pode superar os 30 días, ao igual que xa fixo durante todo o ano 2017.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en febreiro situouse no 0,21%, a segunda máis baixa de toda España e só superada polo País Vasco (0,20%). Neste momento, a débeda comercial de Galicia é a metade que a da media autonómica (0,42%), logo de que Galicia conseguira reducir este indicador un 44% no último ano, ata rebaixalo aos 132,6 millóns de euros.

Estes datos confirman que Galicia continúa neste 2018 entre as comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. De feito, excluíndo ás comunidades de réxime foral, Galicia foi a quinta comunidade que pagou máis rápido aos seus provedores. Ver gráfico





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias