El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA | O LUNS

En marcha a terceira fase do Plan de entrada dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña

28-04-2018 17:57:35

A Xunta de Galicia pon en marcha este luns, día 30 de abril, a terceira fase do Plan de entrada dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña. Deste xeito, os usuarios das 6 liñas procedentes de concellos do corredor centro poderán realizar xa paradas no núcleo da cidade e non só na estación de autobuses, reducindo os tempos de viaxe e sen necesidade de realizar transbordos para chegar ao seu destino.

Na xuntanza da comisión de seguimento do Plan, celebrada o pasado 10 de abril, a Xunta de Galicia propuxo ao Concello da Coruña a unificación da entrada das 14 liñas que faltan por incorporar ao Plan, recibindo a resposta negativa do mesmo, a pesar do éxito da implantación desta iniciativa e a nula incidencia no tráfico. Como consecuencia desta negativa do Goberno municipal, a Xunta axiliza agora a entrada da terceira fase do Plan, mentres que a cuarta, e última, non poderá ser activada antes de finais do vindeiro mes de maio.

A entrada en funcionamento da terceira fase do Plan de acceso dos autobuses ao centro da Coruña está integrada por 6 liñas, das cales catro xa veñen accedendo e realizando paradas no núcleo urbano antes das nove da mañá. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias