El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

A guía Michelín recoñece a máis de 20 restaurantes galegos co Bib Gourmand

04-05-2018 17:35:38
Nava Castro (i), directora de turismo de Galicia.

Vigo.- A directora de turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Vigo no acto de presentación dos novos Bib Gourmand Michelín 2018, un recoñecemento que ofrece esta prestixiosa guía a todos a aqueles restaurantes que brindan a mellor relación calidade prezo cunha oferta gastronómica completa e que demostra, ademais, que están preparados para recibir a súa primeira Estrella Michelín. Galicia conta durante este ano cun total de 22 establecementos con este recoñecemento.

Durante o acto, a directora de Turismo puxo en valor a “especial contribución” que a enogastronomía e a gran cantidade de profesionais altamente preparados neste eido está a ter para que Galicia sexa “cada vez un destino mellor”, explicou. Neste sentido referiuse ao primeiro trimestre do ano no que a Comunidade galega recibiu máis de 630.000 turistas, medrou por riba da media española e foi quen de desestacionalizar a demanda e diversificar a súa oferta, sendo o turismo rural o que liderou este crecemento.

Nava Castro recordou, ademais, a importancia que a enogastronomía ten na folla de ruta do turismo galego deste ano, no que se está a traballar xa na posta en marcha do novo Plan de Turismo Enogastronómico que potenciará a tradición culinaria así como os seus produtos autóctonos. Tamén estimulará a relación entre a cociña e os centros de investigación e innovación vinculados coa gastronomía, así como as receitas relacionadas con determinadas tradicións, épocas e zonas xeográficas.


Distribuídos pola xeografía galega

Os restaurantes recoñecidos hoxe distribúense por gran parte da xeografía galega. Son Arcadia, en Arcade; Paco Durán, en Baiona; O Balado, en Boqueixón; Ribadomar e Taberna do Trasno, en Cambados; Mar de Ardora, en Cánduas; El de Alberto, na Coruña; Muiño, en Esteiro; Muiño do Vento, en Fene; O Camiño Inglés, en Ferrol; Trasmallo, en A Guarda; Doade, en Hío; Casa Barqueiro e Santiago Bidea, en Negreira; Comei Bebei, en Negreira; Villa Verde, en Ponte Ulla; O Xantar de Otelo, en Redondela; o Galphón Abastos; A Horta d’Obradoiro, Mar de Esteiro e A Tafona en Santiago de Compostela e Casa Marco en Vigo.

A eles súmanse os 11 Estrella Michelín, os 25 nos que locen 37 Soles Repsol ou os máis de 50 restaurantes certificados en 2017 coa Q de Calidade Turística. Galicia conta, ademais, con máis de 300 festas gastronómicas, cinco delas de Interese Turístico Nacional.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias