Santiago.- A Raíña Letizia asegurou hoxe que, no coidado do medio ambiente, "o ser humano é máis parte do problema que da solución", polo que considerou que "é vital comprender o que iso significa e reverter a situación".
Durante a celebración do Día Mundial da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia cando se conmemora o 155 aniversario do movemento humanitario, a Raíña entregou as Medallas de Ouro de Cruz Vermella ao compromiso social e o labor solidario. EFE