El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

ATLETSIMO | OURENSE

Presentado o "Ourense Termal Athletics Meeting"

10-05-2018 13:19:05
Presentación do Ourense Termal Athletics Meeting.

Ourense.- O Pazo Provincial acolleu hoxe a presentación do "Ourense Termal Athletics Meeting" 2018, a proba deportiva que por quinto ano consecutivo reúne aos mellores atletas galegos, do noroeste de España e do Norte de Portugal. O evento, que está organizado pola Deputación de Ourense, celebrarase o vindeiro sábado na pista de atletismo do Campus de Ourense e no que participarán máis de 300 deportistas de 12 nacionalidade. 

A presentación desta proba deportiva contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director do “Ourense Termal Athletics Meeting”, Lalo Gómez; a atleta internacional venezolana Nediam Vargas; o director da Área de Planificación do Campus de Ourense, José María Faílde; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; o secretario da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, Ángel Fidalgo; Manuel Pérez, do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, e o especialista en atletismo Gonzalo Mende. 

Rosendo Fernández dixo que esta é a “proba estrela do noroeste español no que a atletismo en pista se refire”, subliñando que evento “conta co apoio total da Deputación de Ourense porque o goberno provincial defende precisamente os valores do deporte, centrados no dinamismo, a cooperación e a superación, que sumados á promoción turística e do termalismo, fan desta proba unha moi importante cita no calendario deportivo, que contribúe á difusión da nosa provincia”. 

No evento -que comezará o sábado 12 de maio ás 18.00 horas-, sobresaen, segundo Lalo Gómez, as probas de Velocidade e Medio Fondo, con destacados deportistas galegos, nacionais e internacionais. 

Organizado pola Deputación de Ourense, o “Ourense Termal Athletics Meeting” conta co apoio da Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Ourense, o Servizo Provincial de Deportes da Xunta e coa colaboración do Club Deportivo Aurum e a Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo. É un encontro que está incluído no calendario de competición nacional da Real Federación Española de Atletismo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias