El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

CASO LA MANADA

A USC abre un expediente sobre as declaracións de Luciano Méndez

11-05-2018 15:21:23

Santiago.- A Universidade de Santiago abriu un expediente informativo que permitirá determinar no menor prazo de tempo posible a repercusión no ámbito profesional do profesor Luciano Méndez Naya dos vídeos difundidos en redes sociais e nos que o docente fai públicas as súas opinións sobre o caso coñecido como ‘La Manada’. Como explicou nun encontro cos medios de comunicación a vicerreitora de Comunicación e Coordinación, Rosa Crujeiras, esta actuación permitirá igualmente á USC valorar a pertinencia de remitir o caso á Fiscalía de existir fundada sospeita de comisión de delito.  

A vicerreitora lembrou que “se actuou coa maior celeridade que nos permite o ordenamento xurídico, mantendo as garantías para as partes implicadas” aínda que “deixa unha escasa marxe de manobra, non só ás universidades, senón en xeral á administración pública”. Rosa Crujeiras reiterou que a USC non tolerará actitudes que “menoscaben a dignidade das persoas e os dereitos fundamentais, neste caso o da igualdade entre mulleres e homes”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias