O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo,asegurou na clausura da
Interparlamentaria celebrada hoxe que os populares esfórzanse día tras
día por levar ao Parlamento galego, ao Congreso dos Deputados, ao Senado e ao
Parlamento europeo “o sentimento e o sentidiño dos galegos”.
Para Feijóo, as persoas que sederon cita neste acto asumen a obriga
democrática de levar ás institucións a voz dos galegos, trasladando aos órganos
democráticos as opinións, as inquedanzas e as propostas dos cidadáns. Así
mesmo, manifestou que o PPdeGnon ten ningún dilema entre facer política na rúa
e facer política nas institucións xa que “somos o partido que mellor conxuga as
dúas áreas de acción democrática e debemos estar nas institucións e ao mesmo
tempo pisar os asfaltos e as pistas de terra”.
Garantes da estabilidade
“Os galegos confían en nós como garantes da estabilidade da nosa terra”, dixo
o presidente, destacando a defensa que fan dela os 41 deputados populares do
Parlamento, os 12 deputados galegos do Congreso, os 14 senadores do PPdeG, e o
eurodeputado Francisco Millán Mon. “Un voto ao Partido Popular de Galicia é un
voto ao servizo da estabilidade”, insistiu.
Nese senso, puxo en valor a importancia de ter unhas institucións
razoables,previsoras e previsibles coas que os cidadáns poden sacar o mellor de
si mesmos.Segundo lembrou, “Galicia dixo moitas veces ‘non’ aos que propuñan
romper con todo, e dixo ‘si’ aos que garantimos a estabilidade”.
Defendendo os intereses dos galegos
Durante a súa intervención, o presidente remarcou que despois de todos
estes anos, “podemos seguir mirando aos ollos aos galegos con confianza e
ilusión” xa que o Partido Popular de Galicia seguirá defendendo os seus
intereses en todas as institucións. Como indicou, mentres haxa deputados
autonómicos, deputados nacionais, senadores e eurodeputados do PPdeG, “Galicia
terá a presenza que merece en todos os grandes centros de decisión”.
De igual xeito, apuntou que o que fai grande ao seu partido son os seus equipos
e as súas ideas, pero sobre todo “é o privilexio de poder levar ás institucións
as prioridades, as preocupacións e os desexos da xente” xa que “Galicia manda e
o PPdeG actúa”.
Construír a Galicia do futuro
Tal e como recoñeceu Feijóo, “todas as cousas que nos preocupan
incentívannos a corrixir o que facemos mal e a afondar no que facemos ben”. Por
este motivo, admitiu que os populares prefiren investir o tempo en xornadas
como a Interparlamentaria, que permite seguir perfeccionando o seu traballo.
“O noso obxectivo é deixarlles aos nosos fillos unha Galicia mellor”,
manifestou mentres explicaba que a Galicia do futuro non se conseguetuiteando, criticando
ou desde o enfrontamento, senón que se constrúe escoitando, reflexionando e
propoñendo;sinalando os erros e recoñecendo os acertos; e actuando desde o diálogo e a cooperación
leal e responsable.
“O noso mellor discurso é o noso traballo”, precisou Feijóo mentres poñía
en valor que o seu partido ten unha folla de servizos que presentarlles aos galegos.
De feito, recordou que, despois de nove anos cun presidente da Xunta do PPdeG e
de sete anos cun presidente do Goberno de España tamén do PPdeG, Galicia leva
máis de catro anosseguidos creando emprego; saneáronse as contas; expórtase máis
que nunca; bátense récords en turismo; prepárase para o 2021 o mellor Xacobeo
da Historia; acadouse unha Educación pública inclusiva, equitativa, plurilingüe
e tecnolóxica; temos unha Sanidade pública de máis calidade;e hai mellores
infraestruturas e grandes proxectos que se farán realidade nos vindeiros anos
como o AVE.
Mensaxe a Quim Torra
O líder dos populares galegos quixo saudar a previsible chegada á
presidencia da Generalitat de Cataluña de Quim Torra advertíndoo de que
“Galicia é tan nacionalidade histórica coma Cataluña”. Neste sentido, Feijóo
contrapuxo o modelo de estabilidade e respecto institucional galego co da
deriva independentista. “Torra será president sen presentarse ás eleccións,
mentres en Galicia temos un presidente escollido polos galegos”, subliñou.
Do mesmo xeito, Feijóo quixo insistir en que “en España non hai presos
políticos” edestacar o papel crucial da Súa Maxestade o Rei no proceso
secesionista. “Cando o xefe do Estado defende a unidade de España, así como os
dereitos e liberdades dos cidadáns, só hai que dicir que ‘Maxestade, así si’”,
sentenciou. Departamento de comunicación