El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

O químico da USC Javier Montenegro, premio Novo Investigador 2018 da RSEQ

16-05-2018 12:56:35
O químico Javier Montenegro.

Santiago.- O investigador da USC Javier Montenegro acaba de recibir un dos cinco premios anuais que concede a Real Sociedade Española de Química (RSEQ) para recoñecer a proxección demostrada por químicos novos ao comezo das súas carreiras independentes. 

O galardón ‘Novo Investigador Sigma-Aldrich’ 2018 a Montenegro, investigador Ramón y Cajal responsable do proxecto europeo ‘DYNAP’ e líder dun proxecto de investigación transnacional en química biolóxica financiado polo programa global ‘Human Frontier Science Program’ (HFSP), avala a súa traxectoria recente, que nos últimos anos destacou por éxitos científicos notables, como a obtención dunha das competitivas axudas europeas do Consello Europeo de Investigación (ERC - European Research Council). 

Montenegro convértese así no quinto investigador do centro en obter este premio, tras Eugenio Vázquez (2008), Fernando López (2009), Moisés Gulías (2015) e Martín Fañanás (2016). 


Honra e gratitude

O profesor Montenegro confesábase dobremente honrado por recibir este premio “tendo en conta a enorme calidade da investigación en Química que hai en España e a excelencia doutros centros e investigadores”. “Estou moi contento de que o xurado da RSEQ me tivera seleccionado para este premio, porque provén dos colegas que máis admiro e respecto”, asegura. 

Javier Montenegro tivo tamén palabras de agradecemento para o CiQUS, a USC e as axencias de financiamento da investigación, pero “por riba de todo” quere destacar o traballo do seu equipo. “ Estou en débeda cos estudantes do meu grupo de investigación, pois son eles os que co seu esforzo permanente o fixeron posible”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias