El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

TUI | EXPLOSIÓN PIROTÉCNICA

A Xunta activará de xeito inmediato axudas ás persoas con casas danadas

25-05-2018 15:53:16

A Xunta activará de forma inmediata as axudas ás persoas con casas danadas pola explosión pirotécnica en Tui, que poderán sufragar o 100% da reparación de vivendas habituais.

As subvencións son similares ás de 2017 para paliar os danos dos incendios, que ascenderon a 170 concedidas, custeando o aloxamento provisional das familias cuxos fogares rexistraran danos importantes ou abonando os arranxos neles. Os beneficiarios poderán pedir o anticipo do 25% da axuda e non terán que adiantar o importe das obras para percibir a subvención.

As axudas para financiar o aloxamento provisional das familias cuxas vivendas habituais resultaran danadas e nas que non poidan permanecer terán unha contía de ata 450 euros ao mes, máis unha achega adicional para formalizar o contrato de alugueiro cun máximo de 600 euros.

As subvencións dirixidas a sufragar a reparación dos danos nas vivendas e no seu equipamento contemplan contías que poderán acadar o 100% do valor do arranxo do inmoble, cando se trate da fogar habitual, ata 100.000 euros se se trata dunha unifamiliar e 80.000 se se atopa nun edificio colectivo.

No caso das vivendas non habituais, as axudas cubrirán ata o 40% do custo das reparacións ata un máximo de entre 30.000 e 40.000 euros aproximadamente, en función de que sexa unifamiliar ou edificio colectivo.

O Goberno galego tamén achegará axudas por danos causados en instalacións complementarias das vivendas e no equipamento doméstico. As subvencións terán os requisitos mínimos exixibles para a concesión de axudas públicas e cubrirán os honorarios de arquitectos e o asesoramento técnico.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias