O
secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou hoxe, nunha
visita ao municipio de Ames, que millóns de persoas en toda España ven a moción
de censura impulsada polo Partido Socialista como “unha fiestra de oportunidade
para o futuro”.
Despois
de sinalar que esta moción foi presentada por “responsabilidade” e por
“dignidade”, Gonzalo Caballero xustificou esta iniciativa nunha sentencia, a da
trama Gürtel, que é “moi dura e contundente co PP” e que condena a “varias
ducias de mandatarios” que sentaron con Rajoy no consello de ministros e na
dirección do PP.
Cando
“millóns de cidadáns progresistas” están “fartos do nivel de corrupción”, o
líder dos socialistas galegos situou a prioridade “no cambio político” para
abrir “unha nova etapa” de “rexeneración, transparencia e exemplaridade”. É por
iso que manifestou o seu apoio a Pedro Sánchez para a moción de censura que
comezará a debaterse mañá.
Coa
vista posta no Congreso dos Deputados, Gonzalo Caballero subliñou que os grupos
deberán votar atendendo “ao clamor de millóns de persoas que piden retirar ao
PP da Gürtel do goberno”. “Teñen que optar –proseguiu- entre corrupción e
exemplaridade, entre manter o núcleo de poder da dereita ou dar ao país
posibilidades de progreso”.
Así
mesmo, presentou ao Partido Socialista como “a esquerda sen ningún tipo de
complexo”, pois “cando gobernamos o país foi a mellor”. “Podemos afrontar o
goberno con garantías para a cidadanía e garantir a aposta polo Estado de
Benestar”, asegurou.
Rexenerción e limpieza
En
paralelo, o secretario xeral do PSdeG replicou a quen o cuestionan que a moción
de censura é “unha fórmula constitucional lexítima” e que a cidadanía, cando
aínda non se cumpriron dous anos de ter votado por segunda vez nunhas eleccións
xerais, non está pedindo agora ser chamada novamente ás urnas.
“O
que pide é rexeneración política e un proxecto para a maioría cun nivel de
limpeza ética que non pode estar representado polo PP”, finalizou Gonzalo
Caballero. Departamento de comunicación