Este venres abrirase o prazo de inscrición para a carreira II Mvrvs Lvcis, Romanos contra Castrexos,
que se celebrará na primeira xornada do Arde
Lvcvs MMXVIII, o 15 de xuño, a partir das doce da noite. Así o anunciou
este xoves a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua,
Carmen Basadre, quen chamou a participar nesta carreira nocturna, que constará
dunha volta polo adarve da Muralla, correndo o grupo dos romanos e o dos
castrexos en sentido contrario, é dicir, un grupo sairá cara a dereita e outro
cara a esquedra, sentido que escollerá un representante do grupo romano e do
grupo castrexo co xogo da moeda ao aire.
O
límite de inscricións será de 250 persoas, 125 romanos e romanas e 125
castrexos e castrexas, e a idade mínima para participar é de 16 anos. Todas as
persoas que desexen participar deben inscribirse, ata o 11 de xuño, a través da
páxina web www.championchipnorte.com. O custo da inscrición é de 3 euros e
inclúe vestimenta de caracterización, a elixir á hora da inscrición entre romano
ou castrexo. As prazas iranse esgotando por rigusoa orde de inscrición. Así
mesmo, avituallamento líquido ao rematar a
proba.
A
recollida de dorsais e vestimenta realizarase no centro colaborador do evento Forus
Lugo, na rúa Iglesias Otero, entre o 13 e o 15 de xuño. Haberá un gañador e
unha gañadora absolutas en cada categoría (romana ou castrexa) e un equipo
gañador, que resultará da suma dos 15 mellores tempos masculinos e 10 femininos
de cada categoría.
A proba comezará e rematará na praza de Pío
XII, onde todas as persoas participantes están convocadas ás 23:45 horas, para
comezar a carreira 15 minutos máis tarde.
Venda
de entradas
O vindeiro mércores, 6 de xuño, sairán á
venda as entradas para o Harpastvm, o Circvs Romano e o espectáculo Divinivm,
todas elas cun prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa. Nos tres
casos poderanse adquirir a través da web www.entradaslugo.es. Todos os eventos
serán na explanada do Pavillón Municipal, o primeiro deles o venres, ás 23:30
horas, a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium,
Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana; o segundo o sábado, a partir das
18:00 horas, e o terceiro, tamén o sábado, dende as 23:55 horas. Máis información