El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

Manuel Rodríguez, novo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

04-06-2018 12:00:08
Toma de posesión de Manuel Rodríguez Vázquez.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu hoxe en San Caetano a toma de posesión de Manuel Rodríguez Vázquez como director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).

A conselleira felicitou a Manuel Rodríguez polo seu nomeamento e agradeceu o seu compromiso de traballo e plena disposición para asumir esta nova responsabilidade profesional, insistindo na necesidade de promover e potenciar un dos sectores máis representativos da nosa economía. Pola súa parte, o novo director agradeceu a confianza depositada nel pola conselleira e comprometeu o seu esforzo e dedicación para desempeñar este cargo. A Agacal é o instrumento básico de actuación da Xunta en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade, así como de potenciación da calidade da produción alimentaria galega, concentrando as actividades investigadoras e de desenvolvemento tecnolóxico no eido alimentario.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias