El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

MALPICA

Malpica acolle os actos en memoria da primeira vítima mortal de ETA

05-06-2018 17:40:43
Actos en memoria da primeira vítima mortal de ETA.

Malpica.- O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe en Malpica, xunto ao alcalde da localidade, Eduardo Parga, e o presidente da Asociación Pro Guardia Civil (APROGC), Fernando Trejo Ramírez, nos actos en memoria do guardia civil José Antonio Pardines Arcay, primeira vítima mortal da banda terrorista ETA e natural deste municipio coruñés. 

Tanto na ofrenda floral realizada no cemiterio malpicán como no posterior acto de inauguración dun monolito na súa memoria na praza do Concello estiveron tamén o irmán do guardia civil, Manuel Pardines, familiares e numerosos amigos e veciños, ademáis dunha ampla representación de membros da Benemérita. 

“Hoxe é un día para o recordo. Un día triste e chuvioso para lembrar a memoria deste garda civil veciño de Malpica, que quedará para sempre patente neste monolito de pedra, pero tamén para lembrar a todas e cada unhas das 853 vidas que durante cinco décadas se cobrou a barbarie e o sinsentido de ETA”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña no seu discurso. 

“Fronte aos que quixeron impor con pistolas as súas ideas, a unidade dos demócratas foi a clave fundamental para derrotar ao terrorismo en España. Despois de cinco décadas, gañou a democracia” sostivo González Formoso, que apuntou que “o mellor que podemos facer polas vítimas é defender a verdade e transmitila ás novas xeracións para que aquelas páxinas negras da historia deste país non se terxivesen, non olviden e non volvan a repetirse nunca máis”, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias