Sociedad
11-04-2007
O presentador de televisión Jesús Vázquez desbanca ao presidente do Goberno, Jose Luís Rodríguez Zapatero, como personaxe preferida polos galegos para ir tomar unhas cañas. Así se desprende da quinta edición do estudo "¿Con quién te irías de cañas?", realizado por Ipsos para Cerveceros de España.
O ferrolán eríxese como favorito para practicar unha das afeccións máis arraigadas entre a poboación galega, xa que un 41 por cento sae habitualmente a beber cervexa cos amigos, especialmente as fins de semana, segundo este mesmo estudo.
A tamén presentadora Paula Vázquez ocupa o terceiro posto, xusto detrás de Zapatero. A moitos dos entrevistados lles gustaría atoparse "Os luns ao sol" aínda que só fose para compartir un vaso no bar de Rico con Luís Tosar, xa que o actor lucense ocupa o quinto posto. Outro galego, o político Manuel Fraga, cae do segundo lugar ao oitavo.
O empresario Amancio Ortega, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o vicepresidente, Anxo Quintana, foron tamén dos máis repetidos polos entrevistados como mellor compañía para compartir o ouro líquido máis común nos bares.
Coa mirada sobre Hollywood, os galegos incluíron desta vez no cuarto posto á actriz Penélope Cruz, candidata ao Oscar por "Volver". Por debaixo de Tosar, no sexto posto, atópase o escritor Arturo Pérez-Reverte, seguido do cantante e crápula Joaquín Sabina.
Os políticos descenden posicións con respecto aos actores, preferidos nun 60 por cento dos casos, aos músicos (51 por cento) e as caras televisivas (50 por cento). Os enquisados citaron a máis de 170 persoeiros cos que lles gustaría ir tomar unhas cervexas, e as preferencias cambian radicalmente dun ano para outro. Basta comprobar que Jesús Vázquez, que este ano ocupa o primeiro posto, quedou relegado dez postos por debaixo na anterior edición.
Outros famosos que en 2006 lideraban a listaxe, quedaron fóra das 15 primeiras posicións. É o caso do piloto de Fórmula Un Fernando Alonso, a presentadora Ana Rosa Quintana ou os futbolistas Raúl González e Ronaldinho.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias