El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

COMUNICACIÓN | CRTVG

O BNG pide a "reprobación" do director xeral da CRTVG ante reiteradas denuncias por manipulación informativa

20-06-2018 18:53:43

A deputada do BNG, Olalla Rodil defendera na Cámara galega unha proposición non de lei  para que o  Parlamento de Galiza, como órgano no que reside a soberanía do pobo galego, “acorde por resolución a reprobación do Director Xeral da CRTVG pola continua manipulación informativa e  vulneración dos principios de pluralidade, veracidade, independencia e obxectividade dos contidos informativos que deben rexer nos medios audiovisuais públicos de Galiza.

”A parlamentaria e portavoz do BNG na comisión de control da CRTVG lembra que o 19 de xuño presentaban a súa dimisión dous xornalistas da TVG como mostra do seu desacordo coa liña informativa e por razóns profesionais. 

Desde o cadro de persoal da Corporación e  organizacións sindicais que  representan a todos os traballadores e traballadoras da CRTVG,  levan anos  demandado  a aprobación do Estatuto profesional (artigo 36) e a creación do Consello de informativos previsto na Lei 9/2011 de medios audiovisuais públicos de Galiza. 

O Consello de informativos debe ser, como recolle a propia lexislación, un “órgano interno de participación dos profesionais da información da CRTVG co fin de velar pola independencia, pola veracidade e  obxectividade dos contidos informativos difundidos por todas as súas canles”. 

Nos últimos anos sucédense as denuncias por “manipulación informativa, pola falta de pluralismo social, político e ideolóxico e polos incumprimentos reiterados da propia Lei de medios audiovisuais públicos así como pola  “deriva”, especialmente da televisión, que “non cumpre coas funcións que lle corresponden como difusora e promotora da cultura galega ou a súa contribución ao proceso de normalización da lingua galega, entre outras obrigas”. 

A parlamentaria do BNG agarda acadar o apoio de todas as forzas políticas para reprobar as actuacións do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo que nos últimos tempos leva recollidas un gran número de denuncias  “  ás que agora se suma a dimisión de dous xornalistas pola manipulación  informativa imposta pola dirección”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias