El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

UNIVERSIDADE | UDC

Morre o primeiro reitor da UDC, José Luis Meilán Gil

27-06-2018 10:58:13

A Coruña.- A Universidade da Coruña lamenta o pasamento do exreitor José Luis Meilán Gil, falecido repentinamente a pasada noite. O reitor, Julio Abalde, iniciou hoxe a sesión do Consello de Goberno cunha breve lembranza do catedrático de Dereito Administrativo e instou a gardar un minuto de silencio antes de comezar a reunión.

Abalde informou de que O Paraninfo da Reitoría, cuxas bandeiras ondean a media hasta, acollerá a capela ardente para render unha homenaxe póstuma ao exreitor. O velatorio abrirase ás 17:00 horas de hoxe. 

Meilán Gil foi o segundo reitor da Universidade da Coruña, entre os anos 1990 e 2003. Tamén foi conselleiro de Estado e diputado e figura chave na elaboración da Constitución do 78 e do Estatuto de Galicia. Ademais da súa longa traxectoria como profesor tivo unha destacada participación política na Comunidade. Foi distinguido coa Medalla de Ouro de Galicia, a Gran Cruz do Mérito Civil ou a de Alfonso X o Sabio, entre outros galardóns. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias