El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

PP | CONGRESO

Cospedal gaña en Galicia a primeira volta do Congreso Nacional do PP con 1.559 votos

05-07-2018 23:25:52

A precandidata á presidencia do Partido Popular María Dolores de Cospedal gañou en Galicia a primeira volta do Congreso Nacional do PP con 1.559 votos, nunha votación na que houbo o 87% de participación. 

En segundo lugar, con 1.161 votos, posicionouse Pablo Casado e a seguinte precandidata máis votada foi Soraya Sáenz de Santamaría, que obtivo un total de 1.106 votos. Esta foi seguida por José Manuel García-Margallo con 84 votos, mentres José Ramón García Hernández acadou 36 votos e a candidatura de Elio Cabanes obtivo sete votos por parte da militancia galega. 

Xa por provincias, en Pontevedra Cospedal acadou 317 votos, Santamaría 291, Casado 255, Margallo 21, José Ramón García Hernández 19 e Elio Cabanes tres. Con catro votos en branco, a porcentaxe de participación foi do 85%. 

En Ourense, Soraya Sáenz de Santamaría obtivo 206 votos, Cospedal 177, Pablo Casado 94, Margallo catro, José Ramón García Hernández tres, e Cabanes un. En branco só se rexistrou un voto e nulos dous, acadando unha participación do 95%. 

Na provincia da Coruña a candidatura de María Dolores de Cospedal tivo un total de 573 votos, Casado 416, Santamaría 319, Margallo 34, José Ramón García Hernández once e Elio Cabanes dous. Ademais, houbo nove votos en branco e catro nulos, cunha porcentaxe de participación do 86%. 

En Lugo, Cospedal obtivo 492, Casado 396, Santamaría 290, Margallo 25, García Hernández tres, e Cabanes un. Con cinco votos e branco e un voto nulo, a porcentaxe total de participación foi do 88%. 

Ademais de escoller aos dous precandidatos para optar á presidencia do partido, os militantes inscritos elixiron aos compromisarios que os vindeiros días 20 e 21 de xullo votarán ao candidato que presidirá a formación. Trátase así dun sistema de elección directa e indirecta de dobre volta, participativo e democrático, que supón un avance significativo para o Partido Popular, unha forza na que os afiliados teñen voz e voto, como demostraron na xornada de hoxe. 

Dende o Partido Popular de Galicia agradecemos aos precandidatos que tomaron a importante decisión de optar a presidir o partido así como a súa cordialidade e a deportividade durante a primeira parte do proceso. Así mesmo, o partido desexa sorte tanto aos dous precandidatos escollidos como aos outros catro que deron un paso ao fronte para liderar a formación. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias