El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | ANGROIS

O BNG, coa Plataforma de Vítimas do Alvia 04155

24-07-2018 15:10:07
V Aniversario do sinistro de Angrois.

A portavoz nacional, Ana Pontón, e a eurodeputada Ana Miranda encabezaron a representación do BNG que secundou o acto organizado en Santiago pola Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 con motivo do quinto aniversario do sinistro de Angrois, nunha marcha que arrancou na estación de tren compostelá e rematou na Praza do Obradoiro. 

“Para que a ferida peche ten que haber xustiza, verdade e reparación e que se tomen todas as medidas para que non se volva repetir a traxedia”, salientou Pontón, “e este é acto de dignidade sigue demostrándonos que hai unha ferida aberta e todos os galegos e galegas estamos do lado das vítimas, para que dunha vez se faga xustiza e dunha vez as persoas responsables asuman as consecuencias”. 

Neste sentido, Pontón cualificou de “descorazonador” que aínda non se levase a cabo unha investigación imparcial nin se asumiron responsabilidades políticas, pese aos gobernos que “recortaron en seguridade”, gobernos que tiveron como máximos responsables de Fomento a José Blanco e Ana Pastor. 

“Non deberían estar en ningún cargo público, sería unha medida de humildade e de resarcimento para as vítimas que teñen dereito a pechar ese momento da súa vida e mirar para adiante”, alegou. “Non me gusta un Estado onde as institucións se usan para salvagardar a impunidade e impedir que se faga xustiza, é un retrato horrible do Estado español e dese bipartidismo do PP e do PSOE”, denunciou. 

Pola súa parte a  eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, salientou o papel xogado pola Unión Europea denunciando o incumprimento da normativa de seguridade ferroviaria, tanto a través do contundente informe emitido pola Axencia europea de seguridade ferroviaria, que impediu pechar en falso a investigación xudicial,  como polo ditame que se coñecerá en breve, a raíz do procedemento de infracción aberto contra o Estado español a petición do BNG. “Será unha resposta dura”, augurou Miranda, quen valorou o papel das institucións comunitarias á favor das vítimas, “as que tratou cun respecto que non obtiveron polo Goberno de España”, así como a presión que pode exercer sobre o Executivo central. “Iremos até o final”, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias