A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, no marco do
Día Mundial do Alzheimer que se conmemora o 21 de setembro,defende aumentar o
investimento nos programas de investigación desta enfermidade e demais enfermidadesneurodexenerativas.
Ao seu xuízo, son numerosos os proxectos europeos, mais insuficientes, polo que
considera que “Europa debe implicarse máis, igual que todas as administracións”.
“Atopámonos nun momento crucial de debate do
orzamento comunitario e dos futuros fondos europeos para o período 2021-2027 e dende
o noso grupo consideramos que debe ser unha prioridade das políticas públicas
maior investigación, concienciación e medios”, subliña a eurodeputada
nacionalista, quen defende que “Galiza debe ter máis fondos europeos para
axudas ás persoas con Alzheimer, os seus familiares e coidadores”.
Ana Miranda forma parte do grupo de
eurodeputadas e eurodeputados da"Alliance Alzheimer
Europa", un grupo de traballo que coordina diversas accións para mudar as
políticas que permitan ter medios acordes coa gravidade das doenzas. E
precisamente como eurodeputada integrante deste grupo, así como por ser unha
persoa afectada familiarmente por esta enfermidade, Miranda quere expresar o
seu apoio explícito á campaña que organiza a Federación Alzheimer Galicia, que
este ano se desenvolve baixo o epígrafe “Ela non se acordará, e ti?”.
Miranda considera imprescindible un maior
investimento nos programas de investigación, pero tamén nos que se refiren á
concienciación social sobre as consecuencias desta enfermidade, que segundo os
datos que manexan as asociacións pode afectar en Galiza a unhas 100.000
persoas.
Mapa
do impacto da enfermidade
Neste sentido, a eurodeputada do Bloque súmase
ás suxestións da Federación Alzheimer Galicia, que demanda a posta en marcha en
Galiza dunha Estratexia Transversal de Atención ás Demencias que involucre a
todos os eidos da Administración Pública, así como arealización dun estudo da
situación real do Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas que permita
crear un mapa que permita coñecer o impacto da doenza en Galiza.
Neste contexto de conmemoración do Día Mundial
do Alzheimer, a eurodeputada nacionalista participará na xornada que terá lugar
o vindeiro martes, 25 de setembro en Bruxelas, na xornada “O impacto
socioeconómico do Alzheimer en Europa”. Departamento de comunicación