Aeurodeputada do Bloque Ana Miranda,levou
ao Parlamento Europeo a necesidade de que Galiza conte cunha tarifa eléctrica
propia que poña fin á pobreza enerxética que sofren as familias. Segundo
Eurostat, o Estado Español, con Galiza á cabeza ten a luz máis cara de Europa,
cun 15% da poboación que non poden satisfacer as necesidades domésticas de
acender a luz, lavarse con auga quente ou utilizar a calefacción.
Na
súa intervención, Miranda destacou que a enerxía debe ser considerado como un
ben común básico e a electricidade debe ter un prezo xusto e estable. “En
Europa debemos promover o acceso gratuíto para as familias máis empobrecidas”,
sinalou ao tempo que criticou o “negocio” existente no eido da electricidade,
no que só saen beneficiados os lobbys das grandes empresas eléctricas, que
acadaron uns beneficios o ano pasado de 5.600 millóns.
Neste
sentido sinalou que o prezo da luz é fixado con base á cotización horaria da
electricidade no mercado dos provedores enerxéticos, acadando en ocasións o
prezo de Alemaña, coa diferenza de que alí a renda é moito maior. Ademais, a
eurodeputada apuntou a contradición de que que eses aumentos brutais de prezo
se producen nun país produtor de electricidade.
“No
BNG pensamos que esa subida dos prezos da luz é unha auténtica estafa ás
familias e as empresas do noso país. Por iso é imprescindible unha tarifa
eléctrica galega”, afirmou. “Non pode ser que a día de hoxe, 180.000 persoas
sofren pobreza enerxética nun país que exporta electricidade e desde Europa
temos que traballar por mudar esta situación”, engadiu.
Propostas para baixar a
factura
Ana
Miranda lembrou que o Bloque ten propostas encamiñadas a baixar o prezo da luz que
permitirían reducir en 330 euros anuais a factura. Unha delas refírese a creación
dunha empresa pública que asuma as presas hidroeléctricas en concas da súa
competencia que teñan finalizada a concesión.E por outro lado, o BNG defende a aplicación
do IVE súper reducido do 4% en lugar do 21% actual “porque a luz non é un
artigo de luxo, senón un ben de primeira necesidade nas casas”.