El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Fundación Caixa Galicia inaugura en Vigo unha mostra de Tamara de Lempicka

17-04-2007

A Fundación Caixa Galicia inaugura este mércores en Vigo unha mostra da artista plástica Tamara de Lempicka. A exposición, que se poderá ver na Casa das Artes ata o vindeiro 15 de xullo, inclúe unha selección de óleos, debuxos, fotografías e obxectos persoais dunha das personaxes máis influíntes no mundo da moda, da publicidade e do grafismo. A mostra, comisariada por Emmanuel Breón, exhibirá pezas nunca vistas antes, reunidas pola Fundación grazas á cesión de coleccións públicas e privadas europeas e americanas. A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luís Méndez, asistirán á inauguración oficial da mostra, á que asistirán representantes da sociedade e da cultura galega.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias